1.2.07

cada un está só á súa maneira. e uns días estase máis só que outros. que o exame teña 30 preguntas no canto de 21 non é máis que un xeito de darlle emoción ao asunto. e pensar en facer unha grande festa en maio e que nos bote a policía do campus, non é senón un exercicio de imaxinación tan divertido... si, sempre hai momentos nos que sentirse só. pero esta non é a mellor época.

onte recuperei a tempo parcial o meu centoonce, mentres comía comida mexicana caseira que non recordo como se chama pero que picaba na boca, e volvín a pensar moitas cousas. hoxe estou un pouco menos triste, un pouco menos cansada de estudiar


ela está soa
díxomo hoxe
estou soa
e eu
preguntei
que
logo chorou
e eu tamén chorei

(kiko neves)

(e póñoo pequeniño por se acaso, que non sei se é legal poñelo)

5 comentários:

Caufield disse...

non lle agradecín ese libro
e os momentos no barco de volta a casa e ida a Vigo en Verán
léndoo
non lle agradecín moitas cousas
pero supoño que sabe que estou agradecida
e que lle faría fajitas e calquer tipo de comida que quixera, de calquer parte do mundo
mellor...
que lle parece se as probamos en cada país??ou imaxinamos que as podemos probar!un bikiño grande

X disse...

Ánimo que mañá seguro que ha de estar menos cansa e menos soa ;)

Anónimo disse...

antonte vin a morte cos ollos...
onte resigneime e agardaba que a bela dama de negro voltase a por min..
e hoxe voltei a vivir, renascendo das miñas cinzas coma ave fenix..
mañá, quen sabe?... agora toca sorrir e pasalo ben.
"nunca estarás soa, sempre estarás rodeada de xente que che quere"

Anónimo disse...

Sempre pensei que a soidade era boa compañeira nalgúns momentos, pero este ano só teño ganas de ke a soidade me deixe soa, contigo, coas risas, con comidas caseiras, con borraxeiras irrepetibles, ke me deixe soa ko presente e se leve o pasado e o futuro....

oko disse...

caufield, o libro volverá a vostede, prométollo, a próxima vez que coma na súa casa...
x, agardo descansar a partir de mércores... :(
moinante, claro que me rodea xente que me quere. non me fai falla nin sair da biblioteca :)
truchi, bótote de menossssssssss vén á biblio, andaaaaaaaaaa