4.2.07

hoxe debuxaba o posible asasinato dun profesor. é gracioso poder rirse destas cousas. ademais tomei café, que é un dos sabores que menos me gusta no mundo. e despedinme da empoladinha ata a próxima, que agardo que sexa pronto.
a época de exames, a pesar de todo, é bestial. é o grao máximo de presión e de amizade -ou non-. Poder discutir sobre as rutinas, e os primary definers e a afinidade burocrática, ou planear o futuro que está no aire, ou facer traxes a medida, todo iso só se pode facer en febreiro

e apenas quedan catro meses e gostaría de gritarlle a todo o mundo que necesito unha prórroga, apenas un ano máis, que o tempo que resta non me chega... acaso é tanto pedir?

4 comentários:

la pesada d la habitacion de al lao disse...

d verdad..aunke stoy sin exámenes no sabes lo ke desearía tener aunke fuese uno, tonto, fácil...pk todas las risas y conversaciones valen más con esas presiones y los enfados y malhumores no se tienen en cuenta
xD

mañana voy a tu ladoooo

X disse...

O síndrome ano de prórroga é común, non se preocupe, só dura un ano, logo pasa o tempo e acabas pensando que terías necesitado unha carreira de prórroga para facer todo o que quedou por facer. Moito ánimo.

amarante disse...

prórroga, penalties e moitos máis partidos...

oko disse...

ai, londres, londres, fará que nos olvidemos da biblioteca...
x, creoq ue non o vou dar superado :(
amarante, non te me poñas triste, corazón...