14.2.07

unha mala contestación, un par de ollos inquisidores, unha bolsa cun lapis de resina e mais un libro, un nome israelita, un cento e medio de bos propósitos, dous compañeiros de piso con setas e arroz, e unha maldita canción que non me sae da cabeza, protagonizada en exclusiva por min, cantada pra min, dirixida a min -non misturemos a ninguén máis nisto, vale?-, e as ansias dunha viaxe tan preto que non dá chegado. e de seguir así o tempo, (fun, son) serei unha flor empapadísima...

junto a las manillas del reloj me esperarán todas las horas que quedaron sin vivir




5 comentários:

Tawil disse...

Queres os dous com setas e arroz? Nom é um pouco pringoso? :S

Bom! Ânimo nena!

Zerovacas disse...

Perales? Iso si que é kitsch. Encántame

Laurindinha disse...

Mmmmm... que che canten unha canción dá un subidón incrible...!
Saúdos!

oko disse...

é que esta canción é preciosa... -ou iso me parece estes días...-

Moinante disse...

gustoume
mais estoutra, gustame máis...
"espera un poco más" (Perales, 2006).
Se cadra porque -pra min- tivo máis significado esta letra..

Poñaseme ben...nunca chove eternamente..

(Amar-te-ei atê que mude o vento)