13.4.07

descubrindo obviedades (ii)

a poesía non pode axudarnos
desque desaprendimos a ler


(xa non hai beleza nos ollos e os vendedores de zapatos son desagradables. só as series de televisión americanas consiguen facernos chorar. regalar piruletas (ou mollalas en bourbon) é o que nos queda polas noites, pero non agardar sorrisos a cambio. os programas de tipo hai debate ou 59 segundos fomentan o coitus interruptus, di o profesor. a vida toda é un coitus interruptus continuado)

4 comentários:

Ra disse...

Qué verdad tan graaaaande!

com_ramona disse...

e igual finalmente gañou o espectáculo, e o final da primavera do 68 en paris foi a despedida definitiva da festa e a poesía

tentar resistir e vivir en verso, masoquismo mal entendido e pouco gozoso

paideleo disse...

Semella haber un inicio dun minitrauma relacionado con piruletas...Espero sexa lene.

oko disse...

masoquismo total, d'acordo
(paideleo, estou superando a miña aficción a regalar piruletas dende o mal trago do xoves :D)