Os rumores son moi malos. Esa é a conclusión básica extraída despois da cea do xoves night. Agora, que se é por min que caen mitos, adiante. Que se metan co meu vestido hoxe é case un alivio pensando todo o que puideron dicir de min o venres. Que pouca vidilla teñen as redaccións. Namoreime mil veces trala cea, é certo, pero de quen menos todos pensan.
E xa para respostar ao meme (é así?) que me envían X e mais Besbe, aí vai o meu vídeo
E xa para respostar ao meme (é así?) que me envían X e mais Besbe, aí vai o meu vídeo
Seino, que debería poñer cinco. Pero só se me ocorre este, que o é por excelencia.
E perdoen por non poder poñer enlaces hoxe. É que estou no traballo. Quizais dentro dun rato poida poñelos...
E perdoen por non poder poñer enlaces hoxe. É que estou no traballo. Quizais dentro dun rato poida poñelos...
(editado o tres de abril. e aínda así, vaia por dios...)
12 comentários:
Non te preocupes polos rumores,é pq non teñen nada mellor que facer. O importante é que ti non cambis pq eres xenial.
Ah, non tes k pedir perdón por nada.
Por certo...¿de quen te namoraches tras a cea? Agora tou intrigadísima e como esta semana non coincidimos...
Ai oko, da xente que rumorea mellor que lles dean por aí, que o tempo ponnos a cada un no seu sitio anque agora fastidien os lercheos. No post bótase de menos o teu sorriso e o que dicía a Pantoja: "dientes, dientes, que les jode". Así tal cual.
Moitos bicos e moitas apertas guapa.
oes, se xa todos andan lercheando podías contar para que nós digamos por aí que é mentira. hahahaha
Concordo con besbellinha, ¡que lles dean moito!
Ánimo, e cóidate dos que falan só para escoitar a súa propia voz. Mes raro este, joder. O dito, raro para todos. E concordo con "concordo con": "que lles dean". Eres xenial, xa o sabes
fuches quen de cumprir coa odisea pro-Dublín? agardo que sí!
a resposta é clara, non?
marmurai marmuradores
non farteis de marmurar
que anque vos salten os ollos
teño de rir e cantar
rir e cantar, variabeis independentes, sustituibeis por calquera actividade humana reconfortante, poñamos por caso danzar
tes mooooooooita razón, esta sí é 'mmmmmúsica'!
señorita "anónimo" teño que contarlle un par de cousas, que non coincidir con vosté faime retrasar temas...
besbe, ghanito, un millón de bicos pra ambos (ghanito, cando o mire en directo, cóntollo ;P)
zerovacas, ve que riquiño é cando quere???
chichariña, un millón de gracias pola axuda prestada...
aghripada, quen eres?
encompostela, adiante coa nosa asociación, pra poder usar esta mmmmmmmúsica!!!!!!!!!!!
a maiores do alter ego virtual,
Som la cançó que mai s'acaba,
som el combat contra l'oblit,
som la paraula silenciada,
som la revolta en un sol crit.
........Obrint Pas, Som
Por esta vez ímosllo pasar así, e nada de andar cotilleando polos blogs en horas de traballo ehhh :P
Señorita Oko, creo que vai sabendo que o de "riquiño" é o meu estado natural, e o de "borde" unha certa actitude consciente/inconsciente que me sae ás veces. Todo na vida é coñecerse
pero non llo diga a ninguén, X, ou é que traballa comigo e non sei que é quen é??? duda cruel...
señor ghripe, captado
zero, todo é coñecerse, certo, pero a veces resulta complicado...
Enviar um comentário