26.10.07

as chaves

eu nunca antes saíra da casa medio en pixama pola rúa deserta. mandárame unha mensaxe a horas intempestivas dicindo que estaba no portal da súa casa sen chaves, que que podía facer. dado que o meu móbil non daba sinais de querer facerme caso, decidín poñer algo por riba do pixama e sair a buscar pola rúa Barrenkale rastros seus. estaba fatal, cando cheguei tiña as chaves na man. tía, que as atopei. e doume a risa. levaba un xornal na man porque xa decidira que ía durmir na rúa tapada pola letra impresa. agardei a que entrara no portal e volvín para casa. hoxe tiña un sorriso de orella a orella. cousas así teñen que unir, non?

4 comentários:

Zerovacas disse...

jeje :), está ben a historia do pixama. Si, estes encontros medio surreais, de madrugada, unen moito

Úrsula disse...

Eu unha vez quedei sen chaves e cunha pota ao lume. Recorrín Compostela correndo e buscando á caseira por tódolos comercios de roupa do Preguntorio e cando cheguei aínda quedaban unhas pingas de auga. Menos mal que deixara a pota ao mínimo. Bicos

Anónimo disse...

Cando chegues a casa (antes ou despois de poñer o pixama tanto ten) aquí tes un meme para entreterte antes de facer de boa samaritana outra vez.

oko disse...

grandes noites correndo, con cousas no lume ou buscando xente perdida :D

ghanito, feito :)