14.10.07

cambio en El País

o suplemento interior de El País de hoxe adícase en especial ao cambio que o xornal vai sufrir a partir do día 21. leo escéptica. na primeira páxina o director fai unha afervoada defensa do seu xornal (como é lóxico). atentos

"aspiramos a una sociedad abierta, liberal, moderadamente progresista, lo cual muchas veces ha venido a identificarse con las posiciones de centro izquierda de este país"
"y así pretendemos seguir, igual de beligerantes, de independientesy de incómodos para todos los poderes como (...) hemos venido siendo desde 1976. Ni más, ni menos"

incómodos pra que goberno (hoxe)??? con que esquerda se identifican?
pero, queren que creamos en todo isto a estas alturas?

6 comentários:

Anónimo disse...

Incómodos para o Goberno... d€p€nde s€ toca ou non... http://www.elpais.com/articulo/espana/Cebrian/critica/oportunista/politica/informativa/Gobierno/elpepuesp/20071009elpepinac_17/Tes
http://www.elpais.com/articulo/sociedad/Contreras/acusa/PRISA/presionar/Gobierno/guerra/futbol/elpepusoc/20070929elpepisoc_9/Tes

sweet loretta disse...

darling!!

Anónimo disse...

El País si que resulta incómodo para este goberno, por iso apoiou Público. O que pasa é que ataca dende a dereita. Corre o risco de mudar no xornal do partido de Rosa Díez e Savater.

O de centro esquerda non o cre nin el.

oko disse...

non me deixa abrir os links, o'xirarei, pero creo que estamos dacordo na cuestión.
loretta, querida, as críticas non van por ti, e xa sabes que se tivera que decidir, tería feito o mesmo ca ti. todos temos moito que tragar para poder meternos no mundillo (depende onde te queiras meter, terás que tragar unhas cousas ou outras ;P)
anónimo, discrepo en que resulte incómodo para este goberno. quizais nalgunhas cuestións, pero noutras parece o boe en linguaxe máis informal. que corre o risco de converterse no xornal do partido de savater non o discuto, pero pra min iso é virar cara a dereita irremediablemente. a ver onde vai parar

Anónimo disse...

Quen apoiou Público foi o goberno, quero dicir. Pensar en El País como boe de Zapatero non é ser bo lector.

Eu diría que El País fai de boe de Ruiz Gallardón: "moderadamente progresista".

Se cadra non me expliquei ben.

P.S: o de Savater é virar para a dereita, evidentemente.

sweet loretta disse...

o de darling non ía por aí!!pero bueno, fíxome gracia ;) aínda que non o entendín de todo...
Tiña máis ben unha compoñente sensual ...imaxíanao chiscando un ollo.