25.5.08

pucharca

Hai algo menos dun ano dicía que cruzaba o océano, a pucharca. Este, parece que outra vez. Sigo movéndome á esquerda, do mapa e da política.

E tería mil cousas que pensar, mais aínda río coa frase dunha bilbaína que dixo cando soubo a onde a destinaban: Caracas, es que es como Castilla y León, pero petado de Santutxus. Petado de Santutxus y en cuesta. Es como más de veinte Santutxus, y eso es la ostia. Estas comparacións só as podería facelas alguén de aquí. E xa se me comeza a pegar...

E xa pra rematar, parabéns a Moru por nacer, e aos seus aitas tamén, claro. Que ganas de que naza Polgariño, xa!


e Barria, tan fermoso baixo a chuva...

4 comentários:

paideleo disse...

Pois que teñas bo paso de pucharca camdo vaias.

oko disse...

moitísimas gracias, paideleo!!!

oscar.reboiras disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
oscar.reboiras disse...

Ola. Ao final descubrín quen es. A secretaria do peixe máis bravo das costas galegas!! Estiven con Jose o sábado pasado e refrescoume a memoria, porque ás veces estou que non dou. Un saúdo.