8.6.08

Comezo a ler cousas sobre a socioloxía da linguaxe. Por que os falantes escollen unha ou outra lingua pra segundo que cousas. Atérrame atopar continuamente exemplos no caso galego.


6 comentários:

Mario disse...

Si profundizar na sociolingüística é o que ten, que andas no susto constante. De todos xeitos, a min deume moitas ferramentas para desmontar o discurso simplista de que "as linguas son (soamente) instrumentos de comunicación", unha das frases máis repetidas polo público de Galicia Bilingüe e similares.

O pastor eléctrico disse...

E tantas! A sociolingüística é un campo de estudo demasiado amplo para reducila a panfletos absurdos como os de GB.

paideleo disse...

Neste tema hai tantos casos distintos coma persoas.

mamiago disse...

Ola! vexo que non olvidas, graciñas.
Moitos bicos da nosas familia.

empoladinha disse...

Son eu! Ese bolso é meu!

Jo, como boto de menos a miña chapa de radikal que perdin no parc güell :(



Dá medo filliña. Si que dá moito medo

oko disse...

Mario, en moitas discusións me fallaban os argumentos. Esto estame a servir para afianzar o que intuía pero non podía argumentar. E totalmente dacordo co que dis, claro
Pastor eléctrico, o que di GB cae polo seu propio peso
Paideleo, si que hai tantos casos como persoas, pero tantos son negativos para o galego...
Mamiago, bicos pra todos vós
empoladinha, si que é teu bolso! É unha foto que saquei na manifestación contra os lumes, coa cámara do Xirarei!!! Non podo crer que a perderas!!!

Bicos a tod@s!!!