21.6.08

transiberiano

se me desen a escoller, entón escollería o transiberiano. dende moscova a beijing. quizais quedase a vivir pra sempre en ulan bator. di p que me imaxina nun sitio afastado e aprendendo a falar algunha lingua que non teña nada que ver coa miña, nin con ningunha que coñezamos (tamén eu o imaxino ás veces)
colleríao no inverno, pra poder dicir que as inmensas montañas nevadas son o máis lindo que vin na miña vida. máis que o océano, máis que o deserto
e de ir con alguén, gostaría de ir con quen estivese disposto a ficar comigo en ulan bator, ou en calquera lado

seino, non hai présa. aínda queda moito ata o próximo inverno

3 comentários:

feiranta disse...

entón déixame que che recomende a lectura de Agatha Christie 'Asasinato no Orient Express'. Ao mellor colles máis ganas de coller o trenecito...

oko disse...

seica o orient express se convertiu agora nunha viaxe de luxo
a ver se non pasou o mesmo co transiberiano, e aínda vai a xente de a pé...
ánimase a facer a viaxe comigo, feiranta?

feiranta disse...

ui, claro!