20.12.09


cantábanme un mariachi o quizás quizás -que eu só coñecía na boca de natkingcole e nunca oira en directo- e pensei o difícil que é facerse unha pequena familia nesta cidade
quizais non o pensaba onte senon hoxe, despois de falar vía escaipi con catro dos pilares nos que se sostiña/sostén a miña vida compostelana. botei de menos cando dicían que non parecía que xa levase un mes fóra
e depois estivo tlatelolco, e a súa historia de sangue. e palpar a rabia e o sufrimento
ni un minuto de silencio en el banquete
(pues prosiguió el banquete)
dicía na inscrición en pedra

e finalmente veu X., que xa sabe todos os animais e sinalar todas as partes do corpo agás os ollos. e X mandoume bicos de ruido polo teléfono e entón sentín que este foi un domingo saudoso. deses de botar a vista atrás e poñerse metade triste metade leda

3 comentários:

sweet loretta disse...

lindaaaaa!

oko disse...

e ti!!!!!!!!!!!!!!!!!!

korrontean disse...

después de un rato leyendo me he olvidado de que estaba escrito en galego! me encanta este post, aunque sea triste.