29.3.10

comecemos


polo principio. o primeiro foi nyman, que me fixo un barullo no estómago e obrigou a escribir cousas bonitas para enviar por avión. despois veu o marabilloso azar, que fai que m e máis eu teñamos sorte paralela. volveu ubuntu á miña vida e tamén unha reportaxe que non dá arrincado de todo e que fala de jacarandas e de pedra. porque todas as cidades queren ser de pedra

rematado isto, todo foi cambiar de plans e pasear pola cidade disfrazados de superherois estraños. e que amencese de súpeto e correr cara a casa pra agarrar a mochila e ir a visitar o mar. e o mar -o pacífico de novo- alí estaba, caladiño. e foi ser sereas e falalo todo a xeito de terapia. que canto ben fai falar

e foi, por veces, ter ganas de voltar a casa, aínda só por uns poucos días, e chegar e deixar as cousas ciscadas por calquera lado e revisar as fotos da fin de semana e pensar que xa todo volve á normalidade. e que esta semana santa promete ser interesante e creativa

2 comentários:

Mr Tichborne disse...

E non é para menos

oko disse...

estou a redescubrir a cidade a castro meses de vivir nela :)