onte volvín velo. desta foi moi distinto: estabamos nunha sala de concertos, e podía ver perfectamente desde o meu sitio como as súas mans viaxaban polo teclado, e as imaxes que proxectaba sobre dúas pantallas brancas e como ía ciscando partituras polo chan do escenario cando remataba de tocalas
unha vez máis descubrín que a súa música é inspiradora. que conta historias, como contan a poesía ou o teatro. fala de persoas e de vidas
cando rematou de tocar, despois de innumerabeis saídas e entradas no escenario, xa eu tiña o corazón a bater acelerado contra o peito, e os ollos cheos de bágoas. e fíxoseme incrible que haxa quen poida producir ese efecto nos demais
(quería insertar un video, mais non me deixa. seguirei intentando)
Sem comentários:
Enviar um comentário