21.1.08

FSM 08


levo sen vida máis dunha semana. ata o xoves non a vou recuperar. así que ben merezo unha fin de semana participando nas actividades do Foro Social Mundial na capitalciña do imperio pequeno
aproveitade este ano, que é descentralizado!!!

19.1.08

débedas

"coa excepción dos países do sur, a ningún outro debedor se lle esixe que morra ou que faga morrer de fame aos seus fillos pra pagar aos seus acredores"
{sacado de aquí}


(terei que buscar quen me explique por que os países máis pobres non se poden declarar insolventes)

17.1.08

T.M.

en realidade, T.M., ademais de ser un experto en relacións internacionais e no seu continente, forma parte do goberno do seu país, o cal o fai ainda máis interesante, e avala aínda máis os seus coñecementos sobre o terreo.

e hox, a súa última clase, conseguiu avivar unha chispiña que todavía quedaba acesa despois dun día esgotador. ata conseguiu que entendéramos o conflicto dos Grandes Lagos (pensei que morrería sen entendelo)
e presentou África tan apaixoante, que me pregunto se non farei cambio nos meus plans para comezar a estudiar unha visita a este continente
(África, África, quen non vai soñar con esta África?)


(foto sacada d'aquí)

15.1.08

a historia da cooperación europea con áfrica. a historia dunha colonización encuberta, tan sutil. a historia do cinismo.
e ninguén mellor que un experto, africano e africanista para explicalo.
clases que dan arrepíos


e a miña incapacidade para aprenderme o mapa de áfrica...

13.1.08

...

leo sobre a colonización comunicativa-informacional dos países do sur.
navego entre informes en inglés do pnud e mais do bm.
saio, e falo e falo pra que o tempo pase máis axiña
río, moitas veces. coñezo xente nova


silencio
silencio
silencio

e así van pasando os días

11.1.08

venres á tarde

björk, unha pila de papeis e o conflicto de sierra leone


viaxes programados: valencia-londres-tinduf-madrid

compromiso post-aninovo: facer algo de deporte - menos interné, máis libros (serán incompatibles?) - aprenderme de memoria a colocación de todos os países do mundo, illas incluídas - agardar pacientemente (resignación!) a que polgariño naza mentres aprendo moito de sofegüare libre

conclusión: canto me queda de aprender ata ser quen de falar con total seguridade de, por exemplo, os procesos de integración en américa latina???

8.1.08

hipocresía?

Explícanme cousas interesantes na clase. A FAO ten certa preocupación sobre como o SIDA pode afectar na agricultura. Por exemplo, en Swazilandia tiveron un problema moi gordo, e é que quedaron sen poboación que traballase a terra por culpa do VIH. É por isto que este organismo das Nacións Unidas ten proxectos de educación sexual e tamén "escolas de vida", onde aprenden, entre outras cousas, como previr esta enfermidade ou coidar aos que xa a padecen. Unha ds cousas que fan é repartir condóns como medida de prevención.
Por outra banda está Unicef, que nin de broma reparte condóns, a pesares de que a loita contra o SIDA é unha das súas campañas básicas e un dos seus piares fundamentais.
Hai ou non hai hipocresía no mundo???



(nota de coro: lean esta interesante reflexión sobre os paraugas. A min fíxome rir bastante...)
(imaxe sacada de aquí)

7.1.08

Polgariño


iso que miran aí é a casa do meu sobriño. nacerá alá por finais de xuño ou principios de xullo. e segundo o método supercientífico de adiviña do sexo (no que se fai que a preñada en cuestión escolla entre dous bultos, nos que hai gardados unha tixeira e un coitelo), vai ser neno.

de todas as cousas que podería contar, esta é a máis importante

polo de agora podémolo chamar Polgariño, por aquilo de que ronda os cinco centímetros, e ata que se chegue a un consenso co do nome

3.1.08


FOISE CO VENTO
(gone with the wind)
*(imaxe extraída do conto foto-biográfico da miña vida universitaria, obra da miña amiga invisible compostelá)

30.12.07

Urte berri on

Falabamos a outra noite de cando comezara pra nós o ano 2008. Pra min comezou unha noite chuviñenta de finais de setembro, despois de doce horas en tren. Era o primeiro día da miña nova vida e enfrontábame a unha cidade descoñecida que cheiraba a outro país (agora un pouco meu)
2007, nembargantes, nacera en febreiro, unha desas noites de antroido que nunca deixa de ser noite porque se une coa seguinte. O que seguiu a febreiro foi un facerse maior sen présa, saír sen saber a que hora has chegar, e facer dos bares o mellor lugar para atoparse cos amigos. Foron tempos moi felices e Compostela tiña mil e unha caras.
Foi un facerse maior ao pensar que o mundo ía máis aló da pedra, máis aló dos aloumiños da factoría branca e dunha profesión que algunha vez fora a máis fermosa do mundo.
Quixen ser poeta e amencín pintando peles en maio. Adoecía cun mal xiro e ata iso soubo bo na miña boca. O mar chegou a Compostela en xuño e anegou a terra toda, levándome do outro lado do océano.
Mentirei se digo que 2007 non foi un bo ano. Curto, dende febreiro a outubro. Rematou co anuncio da chegada dun nen@ ao que vou querer ata o infinito. Rematou dispersándonos a todos pola península primeiro, e nuns meses todos perdidos polo mundo.
E agora a nena xa é xornalistiña e vaga pola cidade do gran peixe buscando un acubillo. Hai un ano non crería a vida que lle agarda agora. Proxecta mil historias, mil viaxes

O ollo xa non quere ser poeta. Voltou humilde. Agora só quere vivir

Zorionak eta urte berri on, queridiños

20.12.07

os da casa volvémonos xuntar polo nadal


por se non volvo pasar por aquí nun días...

ZORIONAK

o dito, bo nadal a tod@s!!!
(e sorte co olentzero)

(imaxe: decembro 2006, compostela)

17.12.07

dúbidas

que acontece cando metes a unha xornalistiña a estudiar temas de cooperación internacional? e se ademais esa xornalistiña está fascinada polas potencialidades de internet no desenvolvemento? e se ademais está moi interesada polo devir das linguas minorizadas ou minoritarias? e se se lle manda escribir unha tesina, tese ou traballo de investigación, ou como queiras chamarlle, sobre o tema que ela escolla?

de que credes que escribirá esta xornalistiña (que ademais é galega) en cuestión???

nota: acepto propostas e ideas. o pan aínda é está a amasar, e se lle poden botar ingredientes

(imaxe sacada dalgunha historia da xunta)

16.12.07

CUBA, outra vez. sempre

1. II Encontro Estatal de Cooperación con Cuba

Unha vez que a Illa entra na túa vida, todo cambia. Isto é algo que compartiamos todos os que estabamos alí. Un encontro estupendo, no que aprendín moito, coñecín a moitísima xente máis que interesante, e descubrín que se pode facer moitísimo máis do que se pensa. Un espacio para o debate e a reflexión.

2. Xornalismo, sempre

Din que cando comezas a carreira eres moi utópico, e vaste desenganando co paso do tempo. A min aconteceume á inversa ou, alomenos, diferente. A miña relación co xornalismo fluctuou entre o amor e o odio durante todo este tempo. Agora volvo a ter esperanza.
Coñecer a xente que fai contrainformación, que é alternativa, que está comprometida e traballa de xeito altruísta por causas que cre xustas, iso devólveme a esperanza nun xornalismo mellor, nalgún lugar do mundo. Quizais minoritario, pero que sobrevive. E iso é o que quero coñecer. Despois, xa terei tempo de decidir o meu futuro

3. Verán

E aproveito, estes días que ando a coñecer xente de todas partes, pra preguntar por brigadas e campos de traballo pra facer en agosto e setembro. preciso sair este verán, facer algo de cooperación só por saber como é que é en min. Se alguén sabe algo pra viaxar que non sexa moi caro, que avise. Estarei eternamente agradecida!!!


(foto tomada de cubainformacion.tv)

14.12.07

axenda

non teño tempo estes días. onte cea de clase. hoxe comezos do encontro estatal de cooperación con cuba. mañá e pasado continúa o encontro. para o domingo e comezos de semana perfilar o tema da tesina e rematar a miña parte do traballo de serra leona (diamantes e agricultura). tamén traballo acumulado que está estimulando a miña vea xornalística como non me pasaba hai tempo. o xoves traballo remunerado para a financiación da viaxe proxectada pra semana santa. e o venres un bus todo o día pra chegar a unha cea que devezo por que chegue. e despois, descansar na casa

e namentres, fascinada polo tema da enerxía e mailo desenvolvemento cando van xuntas, e estresada porque non vou ter tempo de argallar as sorpresas que despois han repartir os reis magos ou o olentzero (que unha vai absorvendo coma unha esponxa os costumes dos lugares onde vive!)

13.12.07

u-la maxia?
onde atopala?

(e levo a pregunta na cabeza dende hai días)
1. non podo para de rir por isto...

vía chuza!



2. chego media hora tarde a clase porque me retraso na consulta do médico. no bus atópome co dire que me pon cara de chegar-tarde-está-moi-mal. subo tres pisos correndo. entro na clase afogada e con pintas de boneco de neve (gorro, bufanda, abrigo, a mochila medio colgando dun brazo). e agardando atopar do outro lado un carcamal do pnud, atopo ao pedazo de arxentino treintañero do pnud.
só marmurei un perdón moi baixiño e busquei acomodo nun recuncho. despois mirei para atrás, e decateime de que nunca a clase estivera tan atenta a un profesor (gañamos as mulleres en número, por 18 a 4).
que despois, fixándome ben, estaba un pouco fondón e tampouco era tan guapo, pero acostumada aos vellos e feos que habitualmente nos dan clase...

10.12.07

O I.I.

Explicábanos S. no bus o que inventara na clase. Tratábase do Índice de Ilusión (I.I.). Na súa gráfica a ilusión descendía lixeiramente nas últimas semanas e pensei que a miña gráfica faría máis ou menos o mesmo debuxo. E xa ven que acá non me falta de nada, e non obstante, falta algo.
E lembro, hox, que xa teño bar favorito aquí, e mais que non deixo de coñecer xente estupenda, como a rapaza aquela euskaldune que sabía falar galego e estaba a aprender o catalán. Sempre se atopa quen sorprende

(E agora podería estar nunha festa de famoseo (cos xogadores do athletic incluídos, trala derrota do sábado) e mais estou na casa recuperando a saúde, pra tentar desfrutar dos últimos días de 2007 en Bilbao.)

8.12.07

de maxia e malabares

entrar por primeira vez nunha herriko, ou pasar por dous gaztetxes na mesma tarde foi o principio dunha noite de malabares (e de música, e de mil cousas máis)


todos, señores, somos maxia

(imaxe tomada en kukutza, ao máis pequeno dos malabaristas, que actuaba enriba dunha pelota xigante)

7.12.07

chega o nadal. en bilbao as árbores póñense azuis e o corte inglés inaugura o seu belén vasco


chove, e saio á rúa co meu gorro de la negro

3.12.07

e no 2009...


esta mañá pensaba que aló polo 2009 andaría de paseo por américa latina. os meus destinos favoritos eran brasil e méxico. pero as cousas poden mudar dun intre a outro. e esta tarde entereime que tamén están dentro dos posibles cuba e diversos países africanos e asiáticos. así que, de súpeto, teño ducias de opcións e só unha vida que vivir. non sei que vou facer con tan pouco tempo
(imaxe atopada acá)