14.4.06

Segundo a RAG:


medo s.m. 1. Sentimento de inquietude que se experimenta ante a presencia, real ou imaxinaria, dun perigo
ansia s.f. 1. Desexo moi intenso [de algo]. SIN. afán, ambición, anhelo, arela, cobiza, degoxo, devezo
procurar v.t. 1. Face-lo posible para que [algo] ocorra, para atopar [algo ou a alguén], por conseguir [algo], etc.
un día máis na casa. non me gustan as vacacións. fáltame o ritmo do traballo. facer algo. isto é outro mundo. e non obstante a cabeza anda a cen. ultimamente todo o mundo me pregunta polo mesmo: canto che queda para rematar? e iso non fai máis que avivar a miña caótica saúde mental
perdoen señores, aínda teño vinte anos. rematar a carreira non é a fin do mundo. aínda me queda moito por diante. non presionen
(preciso un respiro. e unha sinal, cun letrerito que poña: siga por aquí)

11 comentários:

Aultre Narai disse...

a que lle tes tanto medo?

que cousa agardas con tanto desexo?

que andas a buscar?


un bico xD

Estravas disse...

Enténdote máis do que son capaz d explicar(che)
:)
sempre adiante, sen pensar demasiado neso que é o FUTURO, só neste segundo, en dentro dunha hora
Como moito do que vas facer mañá
pouco a pouco :P
moito ánimo

xornalistiña disse...

parece que últimamente temos vidas paralelas... a min tamén me preguntaron hoxe por enésima vez canto me faltaba para rematar. e pásame o mesmo que a ti...

en camiño disse...

[...]? válelle?

non sei
-é dicer, si-
nunca
fun moito cara local ningún
.voçé tire
-
hame gostar de seguro o porto de arribada

en camiño disse...

[...]? válelle?

non sei
-é dicer, si-
nunca
fun moito cara local ningún
.voçé tire
-
hame gostar de seguro o porto de arribada
se é que levamos boa conversa

O'Xirarei disse...

Ti prao ano xa rematas non? A min este ano xa me preguntaron tropecentas veces, aprox. Iso agudiza a miña vertixe, ademais doutros sentimentos que non veñen a conto. Coido que O mundo non remata coa carreira, pero, alomenos coa nosa, si remata UN mundo.

estravas2 disse...

Bótaseme de menos a que sí?¿ Seino, non intentes disimular, porque esa frecha que se desvía na imaxe ven directamente aos meus brazoss mua mua! Anímese... podíamos facer unha aposta para ver a quen lle preguntan a merda esa de rematar máis veces á semana, eh?¿ Xa queda menos para o desvío a Santiago

Estravasconganasdeirdeceahoxe disse...

outra pregunta que me fixeron mil veces
¿e tes mozo?
e tamén me dixeron
estás en idade de casar
MOITAS VECES
o comezo respondía en plan noon
pero a última vez berrei un NON que se debeu escoitar en China
(ando máis concienciada que nunca)
CASARSE NON
(invítame a tu boda...)

una anónima conocida disse...

SHHHHHHHHH

Madeleine disse...

let me help you, non son lura, pero escoitareite igualmente! Fagamos un desvío-desvarío xuntas!!!!

oko disse...

Si, Xirarei, remata UN mundo que é case a miña vida toda, alomenos nos últimos case tres anos. Por iso debe de ser que me dá tanto medo que acabe. Pero, sabe? hai cousas que sei que non se han perder. Falo, por exemplo, de esas catro estravas que me deixan comentarios (unhas máis que outra), ou dalgunha da xentiña da fila de atrás de todo.
Dá medo se un se ten que enfrontar só ao que ven por diante, verdade? Supoño que como andamos todos renqueando da mesma perna, poderemos consolarnos mutuamente. Vivan os desvíos des varíos!!!

Nota 1: a min preguntoume esta semana unha monxa que me dou clase con oito anos se tiña mozo. Iso si que é forte, señorita estravas.
Nota 2: Madeleine, Sabe vostede que quero moito a Lura, pero non máis que a vostede!!! Desvariemos, pois, desvariemos. E non olvide certo asunto que temos pendente cun grupiño de xente entusiasmada pola idea!!!