15.4.06

Agora estamos en 1985 e mamá cae dunha banqueta preñada da súa terceira filla. Ou estamos no 82 e chega a primeira televisión de cor a casa, e sábelo porque o repiten dende sempre. No ano 2001 coñeces a aquel home, que non sabes quen é ata que ves o cartel da entrada do teatro, porque aínda non é famoso. Ese mesmo ano ves por primeira vez o mar Mediterráneo, pero é un chisco antes, en 1997, a primeira vez que te bañas nun río, algo lonxe do Atlántico. Doce meses antes descubrías o libro que te iba consolidar como lectora para o resto da vida, pero non será ata 2003 que leas unha das obras máis fascinantes que leches na túa vida. O 2003 tamén será importante porque entón comezas a carreira e a vivir fóra da casa. Augurio que tamén o será o 2007, cando remates. Pero antes habería que falar do 1993, cando deixaches de crer nos Reis Magos. No 1989 papá deixa de traballar naquel colexio con peixes de cores nos corredores, a un máis feo pero máis perto da casa. Ti deixas de usar mandilón no colexio exactamente oito anos despois, un soleado quince de setembro. En quince de setembro -ou primeiro de outubro, no seu defecto- coñeceches a algunha persoa importante da túa vida. A moitas outras non lles lembras as datas exactas.
E en trece liñas resumes a meirande parte da túa andanza vital. Hoxe, abril de 2006. Non lembras cando escribiches a túa primeira noticia, nin o día que decidiches que ibas ser de maior, nin cando choraches por primeira vez porque te sentías mal contigo mesma. As cousas importantes vánsenos escapando das mans sen decatarnos. O resto van quedando nun estúpido código binario de ceros e uns, facendo da vida dunha persoa unha auténtica obscenidade, non diferente das obscenas vidas do resto do mundo. Ata que chega un día en que preguntas, e para que raios serve a memoria?

13 comentários:

una ánonima conocida disse...

Sin palabras. Me encantó. A veces se me olvida lo bien q escribes.

Madeleine disse...

Impresionante! Só OKO podía facer un memorandum de vinte anos sen dar vinte voltas. Está o imprescindible, o esquecible bórraselle a todos. Como dixo esa anónima coñecida, sen palabras.
Por certo, encántame ver que coincido con vostede en certas cousas moi interesantes! ç
Saúde e Felicidade, o 2007 non é un precipicio, é unha escada máis

Aultre Narai disse...

sen ser detallista fúchelo e contaches o máis importante. pensa que fas algo que che encanta, canta xente hai que vive sen saber o que realmente quere da súa vida? es unha privilexiada e sábelo. o 2007 vai ser xenial, xa verás. lánzate de cabeza e disfruta. só iso. o demais virá só. e non che digo que pelexes e loites pq está claro que es unha loitadora :)

un bico.

una anónima conocida disse...

A juzgar por lo q leo, creo q está claro q vive rodeada de muchos apoyos. Y eso es algo q me tranquiliza.
Ya me presentará a madeleine, tengo mucha curiosidad por conocerla.

DESORDE disse...

xenial.

TeRMi disse...

Pareces unha persoa que lle gusta ter o control das cousas, e ti te-lo. Alomenos da túa vida.
Es privilexiada por saber onde estarás no 2007, eu non sei que será d emin cando remate a carreira. _Inda así non baixes a garda, a vida d amoitas voltas, eu teño mil planes, ningún seguro.

Un grandísimo placer coñece-lo teu blog.

profundoronsel disse...

BRAVO, BRAVO, BRAVO....!!!!!
*********************************************************************************************************************************************************************************************************************************************************.....(éstas son as palmas)
;-*

frioleiro disse...

Pois, entre outras cousas, para non esquecer endexamais a persoas coma ti. ;)

Mr Tichborne disse...

É curioso, estes días andamos todos a facer un pouco de balance co pasado... aínda que non de xeito tan certeiro e fermoso como ti o fixeches. Un bico.

kina disse...

Precioso


do mellor que escribiches
(e mira que escribiches cousas preciosas)...


grazas, grazas, grazas
foi coma meterse na maquina do tempo...

oko disse...

graZas. sen palabras

Laurindinha disse...

A min tamén me encantou Matilda...!

muralla disse...

Matilda, sempre disfrutaron dela muitos dos meus alumnos...
Bueu...fermosísimo.
Huidobro, fascinante.
O Mediterráneo, o meu segundo amor.
Gústanme os teus recordos.
Bicos.