4.4.06

Tarde de conversa curativa...

con alguén a quen non miro dende hai tempo, pero que sigue aí, a pesar de todo. escoitando como me laio, as máis das veces coma unha nena caprichosa. consolándome. lendo cousas como esta, que despois me arrepinto de escribir, por tonta

e a verdade é que niso ocupo os días, en facer traballo atrasado, traballo
non atrasado, en rallarme e en darme conta do bloqueada que estou, que nin
sequera son capaz de escribir un par de líneas ao dereito.
así van as cousas. (...) non sei como darche as gracias por estar aí...


malos tempos van. o único que me ilusiona, agora, é o proxecto que en breves, e se todo vai ben, imos comezar. por fin algo de verdade noso...

3 comentários:

Anónimo disse...

Tan importante es saber escuchar como decir algo q merezca la pena. espero que ese "alguén" domine las dos facetas

Anónimo disse...

Que saiba a dona do cabelo curto, que estas verbas que vostede escribe, recórdanme a conversas pasadas ..."non son capaz de estudar,levo 1 hora diante dunha definición e todavía non a sei".
Dicir que todos pasamos por tempos nos que estamos máis desorientados...pero, pronto pasan, non sempre como quixeramos...pero pasan.
Ánimo nena...!!!!
Espero que todo se arranxe.
Agardo una conversa, non sei se curativa, sentadas frente unha enorme copa de xelado.
Bkiños

Madeleine disse...

Que saiba esa dona do cabelo curto que, amáis desa persoa da que fala, ten en propiedade un par de oídos, hombreiros, ollos... para ela. Os proxectos reciben sempre as mellores enerxías que posúo, aínda que como sabe ando un pouco escasa delas. Sen embargo, en cada conversa, OKO vaime enchendo baterías...