24.4.06

Mirando atrás

... esta semana semellou eterna: luns, visita ao hospital. mércores, enblogs'06 (e atopar caras xa coñecidas e descubrir que somos uns frikis), e despois quedarme sen vida polo lusocom (e facerme antibrasileira totalmente). e ademais, caer nun baixón tremendo despois dunha semana de excelente humor (non sei por que). será cousa da primavera, que me anda a fastidiar nos pulmóns e mais nos ollos. ou simplemente que ando a madurar e facerme maior, ou que estou cansa por dentro e aínda non o sei. quen sabe!!!
que teñan boa semana, señor@s. Eu marcho, que hox invitáronme a facer cea a medias. Xa rematarei o traballo mañá!!!

4 comentários:

Madeleine disse...

O pelo, a primavera, os teus ollos, o traballo para mañán, o Lusocom, a cea... todo estaba riquísimo!!! Ánimo corasónnnnn

Aultre Narai disse...

é unha alegría tela por aquí outra vez xD semana bastante interesante, si señor. e de baixón nada... a non ser que sexan alerxias ou cousas parecidas! esas ceas son as mellores. un saúdo!

xorna disse...

a verdade é que o polo e o arroz con aquela salsiña estaba boísimo... ummm!

Fer disse...

Quero saber a receita!
Estava boiiiiiiiiiiiiiisimo!

:)