Si, unha ponencia non é a cousa máis terrible do mundo, e sen dúbida estaba máis nerviosa que o primeiro día da carreira. O mellor dos dous días, por suposto, as exposicións de Orihuela e Dans, brillantes, ilustrativos, e enriquecedores. -e non é por facer a pelota-.
A compaña tamén axudou bastante, a verdade. Ambas aprendimos moito neste encontro, o poder que cada vez máis teñen os blogs, o seu futuro incerto.E faría unha crónica exhaustiva, pero hoxe teño máis cousas na cabeza. Teño, por exemplo, a operación de mamá, que non é para tanto, pero ponme nerviosa. As prácticas, comezar a facer traballiños, xa.
E volver a durmir na casa. Agora a miña habitación é verde. Para os musulmáns o verde é o símbolo do paraíso. Eu, non sei, é que non o teño moi claro.
5 comentários:
¿Pelota, que dixeches do blogomillo?
Xa te deixaremos unha cabeza de cabalo nesa habitación verde túa ;)
Deséxalle sorte á túa nai.
veña, ánimo que seguro que todo sae ben. unha aperta!
Seguro que as cousas vam ir de maravilha e o verde é umha boa cor para durmir...
Espero que todo saia ben.
Saúdos.
verde que te quiero verde.
ghanito, contareillo na próxima xantanza
aultre, saiu todo moi ben, mañá seguramente xa poida falar de novo!!!
úrsula, durmo de marabilla co verde, anque xa o facía antes co gris...
x, gracias...
Enviar um comentário