24.1.07


"Aturdida, la pantera no sabe hacer otra cosa sino dar vueltas sobre sí misma. Y cada noche, minuciosamente, se acicala para nadie".

Son eu, acicalándome para ninguén, estudiando para ninguén, aprendendo para ninguén. Son eu, que vivo neste Auschwitz no que estamos todos. E volvo a el, unha e outra vez. Releo páxinas que parece que nunca lera antes, aínda sabéndoas de memoria. É Auschwitz, na folga do Líbano, na violencia en Iraq, nos ataques a Somalia. Non fai falla irse tan lonxe, sequera. Aprendino del, pero xa o sabía antes. Non fai falla máis que mirar para a ventana de enfrente, na muller esa que tende roupa de bebé na terraza. Vive en Auschwitz, pero non o sabe nin quere sabelo. Lava mecánicamente a roupa do seu fillo e do seu home, e non é feliz porque a felicidade non existe.
Entón é cando matar está xustificado

.

Quixen dicir, quen eres, en que soño vives? E o único que me sae é un que tal, como estás, que é da túa vida? E inmersa nestes folios en branco, nesta portada de xornal que trae todos os días o mesmo, penso en pequenas cousas, nos sobresalientes de fin de carreira de dous amigos, nos ollos do rapaz que está sentado diante miña, na cantidade de cousas bonitas que escoito estes días, no frío, no frío, e outra vez no frío que vai fóra e, tamén, no que vai dentro

Volvo a eles, ao final sempre acabo voltando a eles porque a cidade que levo na miña cabeza está situada na Roma Imperial, na negrura entre planetas e mais en Auschwitz a partes iguais. Dá igual o que digan, o que vaia aprendendo, as cousas que miren os meus ollos. Sempre acabo voltando a estes tres lugares coma o cadáver que se volve fundir coa terra.

Non estaba desesperanzada, hoxe. En realidade tiña un sorriso enorme na cara. Pero a cada instante sempre hai algo que che lembra que debes deixar de sorrir. O medo ao descoñecido, perder a ilusión, quizais. Saber que nada ten por que ser o que aparenta e que, en realidade, aínda non sabes moi ben o que estás a buscar


PD: e acabo de ler que morreu Ryszard Kapuściński, e o mundo todo debería estar de loito. ou cando menos, os que aínda cren no xornalismo

6 comentários:

Anónimo disse...

Os que cren no xornalismo, os que cren na integridade, os que cren na paz...

Anónimo disse...

eu creo no xornalismo e creo que ti es a violinista de Auschwitz.

gracias por anaquiño de mundo interior tan bonito :)

oko disse...

o mundo cae en picado. xa non existen esas cousas das que falades...

Anónimo disse...

é que nunca existiron...
só existen de maneira temporal nas nosas mentes e corazóns, cando aturdidos por enganosos sentimentos, ficamos cheos de ledicia...
até q espertamos, novamente.

sweet loretta disse...

E pos os pés no chan unha semana despois e o les nun xornal atrasado e desconcerta e aínda non rematei seu último libro mais fun correndo a ler o último parágrafo

Incitatus disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.