Mamá era a moza máis guapa do pueblo, con diferencia. Papá era o rapaz máis loiro e cos ollos máis bonitos. Casaron un día de Reis que chovía moitísimo, e todos se lembran porque a miña prima, que daquela era moi pequena e iba de dama de honor, caeu e manchou o vestido todo de lama. Hoxe celebraron 33 anos daquel día. Están todos melancólicos estos días porque eu ando a revolver as fotos vellas para escoller unha imaxe miña de pequena para o orlín da facultá. E é só cando miro as fotos que me dou conta real de canto medrei, que eles se decatan de verdá do vellos que van...
6.1.07
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
11 comentários:
a túa mamá segue tan guapa coma na foto!
Os ollos do teu pai son moitísimo máis que preciosos!
E claro... deses xens só podían saír tres fermosas mullerciñas coma vós; das que eu, sen dúbida, quedo coa pequena!
E sabes que é o mellor entre tanta fermosura? O bos e majos que son (sodes)!
A ver cando se repiten esas visitas Norte-Sur!(que grandes!)
Dos comentarios do post anterior, só dicir que me encanta levar as culpas!
PARABENS para os teus pais!!.
Mira que guapa estás na foto.
Unha aperta.
:)
todas as fotos nas que sae sorrindo son as máis bonitas da historia ;) O do bocata é inmellorable, non como os nenos de agora que andas con phoskitos deses. VIVA O CHOURIZO, A MORTADELA E OUTRAS MERENDAS PROLETARIAS
jajajaj que guapaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa!!!!!! e ese look?? pq será que tolas as da nosa xeración tivemos esa media melena e esa diadema? o detalle do bocata inmellorable!! eu quedo co detalle de que ese era o televisor que había en casa dos meus avós!!!!!! :)
túa nai preciosa, si señor. a ver cando colgas unha foto dos ollazos de teu pai, que morro coa curiosidade!
unha apertiña e feliz ano e Reis (con retraso) ;)
Pois si que era guapa tua nai e seguro que segue sendoo que din que o que tuvo retuvo.
Un saudo.
Só dous apuntes,
Si que son quen pensa que son
E non se preocupe pola bronca, penso que sirocaus desta non morre.
En canto se dean as condicións haberá presentación oficial, donghuorri!
Un biquiño e a mirar(ver) se quedamos pra tomar un piscolabis algún dia desta semana porque non sei eu se poderei pasar moito pola facultade estes días. Bueno, mañá tentarei irlle a primeira ao meu amor
¿Sabes que a túa nai parécese moito á miña cando tiña, máis ou menos, os teus anos?
"seus anos", quería dicir.
Asdo. sirocaus
tenlle moito q agradecer ao bocata da merenda, sen il, non seria o q é..
estas mamás de antes... éranche todas unhas ye-yés de moito coidado!
quen fose coma elas e tivese vinte anos nos sesenta!
chicharofóbica, sabe que está convidada a visitar a esa familia tan guapa que teño cando queira!!! e gracia spolos cumpridos, que ata me subiron os colores!!!
marinha e tawil, gracias a vós tamén!!!
Madeleine, que lle parece se vamos un día destes a comer un bocata coma os de antes???
Aultre, calquera sabe que a media melena é un dos peinado máis elegantes ;P!!!!!
Paideleo, podo asegurarlle que a miña nai segue a ser guapísima!!!! non lle fan mérito as súas fillas!!!
polo tanto, zerovacas, a súa nai tamén debe de ser moi guapa!!!
moinante, está claro que sen esos bocadillos nunca tería chegado ata onde estou :)
Enviar um comentário