De sempre por tras destes ollos grandes, un algo saltóns e tristeiros.
Que lindo sería poder contar a vida polas olladas que se cruzaron algunha vez polo meu camiño!
Os ollos coma obsesión de sempre, debuxos nas marxes de libros e cadernos. Nas servilletas dos bares. Inaugurar un diario de a bordo para describir o que miran e len os meus ollos.
Mirar como a marca xeográfica do iris. Buscar lentes pra unhas retinas un algo doridas, ás que aínda lles queda moito por aprender...
6 comentários:
Bonito
Ho!
:D
Tes um coraçom que nom che cabe no peito! ;)
demasiada cor e claridade para o punk, non é?
fóra a ausencia de suciedade, interesante mapa vital
eu son unha nenapunk particular, xa debería sabelo señorconomeraro
Enviar um comentário