En realidade todo empezou coa premonición de que iba a ser unha fin de semana moi intenso, despois de ver á musa cuns señores que tiñan toda a pinta de ser seus pais.
Despois, só teño un batiburrillo de cousas na cabeza: mercar selos do rei no estanco do primísimo, subir nun columpio múltiple, cantar o cumpleanos feliz ás doce da noite, elucubrar sobre o centro neurálxico do independentismo galego, compoñer nomes para os nosos fillos cos de camareiros e bares, rirnos da noite do venres (dos modernitos e das novas "amigas"), pasar toda a comida chorando da risa en Casa Benigno, facer vídeos de Miraxes, coñecer a un cociñeiro e volver a velo por un cúmulo de ¿casualidades?, escoitar a historia do escudo de Friol, descubrir da boca dun clásico da noite lucense que o alcaldísimo foi médico en Pol...
Rallábame, onte, porque non sabía que demo escribir para resumir estes dous días. Boa señal, sen dúbida, de que o pasamos ben, de que rimos de cousas que só nos fan gracia a nós, de que nos fixemos, se cabe, un pelín máis endogámicos
E o certo é que Lugo é precioso, a compañía inmellorable (anque faltaron uns cantos), e paseino como non o pasaba hai ben tempo. No norte desapareceron as preocupacións, e perder a voz por completo e quedar muda ata quen sabe cando non é máis que a peaxe obrigada a pagar.
Ogallá esta vida non rematase nunca!!!

12 comentários:
Eu sen dúbida, quédome co momento "catedral" e co momento "muralla", tamén co de "paz vega, apellídase vega". Creo q non m podo qdar con ningún, así que quedarei con todos... no que berrabas polo rei da selva... aja... Eu tamén o pasei xenial, a compañía o mellor. Bikosssssss
alégrome, alégrome... se é que lucus (e muito máis en boa compañía) sana o espíritu, aínda que sexa a costa do corpo, hehe.
bicos from far west.
Alégrome de que o pasases ben. O sábado compostelán non estivo mal tampouco
Eu quedo co de rir de cousas que so entendemos nós... será certo iso de que somos unha panda de endogámicos??? Pois vai ser que si!
Bueno, supoño que agora terei que aturar así como duasmilcatrocentasbromasquenonentendenindios. non?
Hotel España? Que significa este momento? hahaha
Biqunhos rula!
:D
sen palabras!! de tanto rir! ;)
se a endogamia funciona así, este finde encantoume selo!
que festas :D
E oko, téño no blogue unha encarga para ti :)
Non te preocupes Madeleine que podemos pasar xuntas dasbromasquenonentendenindios.
E case que mellor, porque me explicaron algunhas e son pra volverse tola!!!!
non consigo lembrar o do rei da selva, pebbles, pero o momento catedral, e p, e paz vega foron boísimos. hai que repetir!!!
emereci, si que sana, si
zero, hai un detallito do teu sábado compostelán que non che perdoo... para unha vez que non estamos...
eamare, encompostela, somos uns endogámicos, é certo, pero madeleine, loretta e demais familia hannos querer igual, non?
empoladinha, un magnífico lugar, o hotel españa, a que tes envidia de non ter estado nunca?
besbe, no próximo post vai, prometido...
agárdoas impaciente, a ver se non caio de cu coma coas de ghanito :D
- e morreu wojtila!!!
- xa bueno, e manolita tamén...
(coma no conto que dicía a mamá do pastorciño mentireiro)
Enviar um comentário