21.3.07

grrrr

Blogger vacílame. Non dou asimilado que a miña conta de gmail estea unida umbilicalmente ao meu blog, así que se pecho sesión mando ao quinto inferno o que teña feito en blogger. E tiña escrito un textiño que reescribín tres veces e agora xa non me apetece. Avogo pola volta ao método anterior, que moitos aínda utilizamos equipos compartidos.
Dios, se eu só quería escribir que me pareceu o libro, que non soporto a un profesor por irresponsable, que o fin de semana emigro ao norte e que xa case non me quedan restos dunha gripe que todos atribúen a unha cousa... Isto é horribleeeeee!!!
(e se non me equivoco, a imaxe mandouma alguén que a atopou por aí e debeuse lembrar de min. gracias!!!)

4 comentários:

Urizen disse...

Un gardar coma borrador a tempo evita moitas dores de cabeza... estou dacordo contigo, esta nova versión complica as cousas no canto de simplificalas.

Anónimo disse...

Bueno, ao norte frioleiro, e ao norte Intramuros, non o esqueza...

emereci disse...

eu quedei coas ganas de saber que lle parecera o libro.
páseo ben por valado city... tome unha tapa de tortilla no american á miña saúde (aaaaaaaaaai).
bicos

oko disse...

xa sei que debería ir gardando, urizen, pero me confío, e...
xirarei, a alabra norte leva dous enlaces, ou pensa que me olvidei de lugo???
emereci, tomarei unha e as que fagas falla á súa saúde...