21.3.07

Isaac Díaz Pardo

O ano pasado déronlle o Blanco Torres, e este sacaron o libro cos seus artigos merecentes de premio. En realidade, creo que non existe galardón que chegue pra el. Enormísimo, cercano e tan lúcido. Aconsellounos facer sempre as cousas tendo en conta as raíces, e canta razón ten. Dixo que cando non se ten en conta o antecedente, a historia, ás construcións fáltanlles raíces. E despois criticou o silencio cómplice de certos sectores aos que non lles gusta que se recupere a memoria.
Admíroo, de verdade. E por se vos queda dúbida, si saiu a musa, da boca de Xesús Alonso Montero, que a definiu coma unha señorita moi moderna. Eu non sería tan benevolente co apelativo, metendo o seu nome e Sargadelos na mesma frase.

(nota: por fin coñecín a Fátima Monteagudo, a alcaldesísima, despois de falar por teléfono con ela tantas veces no verán, e non poder falar e desesperarme outras tantas!!!)

4 comentários:

Zerovacas disse...

Estivo ben, si. Vou facer algo sobre o IGI para a semana que vén

Anónimo disse...

campaña en rede impulsada pola equipa de arredemo:

escríbelle a isaac

[como sempre: e se estamos a sobredimensionar o mito? e como sempre tamén: estamos co atacado polo goliath capitalista]

paideleo disse...

Non coñezo a ese home persoalmente pero seméllame un cacho de pan.

oko disse...

é un home realmente interesante. e tan lúcido...