16.3.07

Meirama


Eran todos vellos, salvo un par de meniños que saltaban polo medio da casa do concello. Arriba levaban unha hora e media de reunión cando o seu voceiro, Juan, baixou para dicirlles que non había acordo, e se estaban conformes en non levantarse ata que se chegara a algo. Unha hora máis tarde, baixaba para contarlle aos veciños que non, que os da central térmica non se queren facer responsables, que lla suda que teñan a casa chea desa carbonilla cincenta e ademais, agora, tamén unha nevarada branca de algo que disque pode ser sulfato cálcico. Que din que é normal que caia, que están dentro dos límites de emisión permitidos, que a cheminea pola que sae leva tres décadas sen limparse.
Apenas hai trinta casas a carón da central. Vai algún tempo xa dende que comezaron a caer pequenos anacos como de tiza, tanto para a parte de cerceda como para a parte de Ordes. O director da térmica, o señor Pedro Vallejo, ten cara de non importarlle nada. Se non hai prensa, din os veciños, eles din o que queren, e a nós ninguén nos cre. Claro que é importante a prensa a nivel local, porque fai que existan os problemas, fainos visibles.
Cando comezan a marchar todos xa é noite e vai moito frío. Francisca contou algunhas historias das Encrobas. A súa casa é a que está máis pegada á mina e ten fendas nas paredes nas que lle colle o puño. E nesta loita ela, igual que o resto dos veciños, saben que non poden confiar en ninguén máis que neles mesmos, nin a policía, nin o Seprona, nin Medio Ambiente dan solucións. Están sós ante un xigante, e non teñen nada que perder
(Foto collida en El Correo Gallego)

4 comentários:

Zerovacas disse...

O de Meirama foi un abuso dende o comezo, que só se conseguiu mitigar un pouco coas mobilizacións da transición. Pero el dinosaurio sigue allí

oko disse...

claro que sigue. e o peor é que lles dá igual o que lle pase á xente. moitas historias teñen que contar aínda eses veciños, e ben pouco que se sabe deles!!!

eamare disse...

Chove ácido nas rúas e sulfato cálcico nas casas.
E inda hai quen non se decatou de que ó mundo, volvémolo tolo.

(Abaixo tódolos xigantes; que sempre son uns abusóns)

Anónimo disse...

tou moi dacordo kn vos, pr gostariame q a xente se dera konta e nos titulares aparecera komo tal. A xente q ali vive é das Encrobas, a central atopase nas Encrobas e a maior parte da mina tamén, asi q se deixen d poñer meirama meirama e tanto meirama. E por certo, eu son veciño de meirama, pr eu son e serei das ENCROBAS.