4.3.07

sólo te pido que me escribas...



Cantáronma, o xoves, só pra min, e dende detrás duns ollos vediazuis volveu ser a canción máis bonita do mundo.

Pero despois, o venres volvín reencontrarme coa rapaza que fun en primeiro, recén chegada a compostela. E sentinme maior, cando lle expliquei a S. que xa ía rematar a carreira, cando el me dixo que xa traballaba como médico.

E hoxe, no bus, namorei dun ollos nos que parecía que collía o mundo todo. Dun neno, de apenas uns sete anos, que iba co seu pai e a súa irmá. Falaban en árabe, e lembrei unha discusión con nonseiquén, sobre a beleza. Sigo sostendo, e cada vez máis convencida, de que a raza máis fermosa que hai sobre a terra é a árabe.

Pero en realidade, destes catro días, houbo unha cousa importante por enriba de calquera outra. E foi oir da súa boca, e con ese sorriso, como me chamabas pequerrecha para que fose onda ti. De todos, ti serás a quen máis bote de menos.

4 comentários:

carracuca disse...

Ai... son días moi divertidos! :)

Anónimo disse...

pode q nunca chegues a comprender o ben q me fixo ese "chao".
un bico agarimoso.
"onde se cruzan os camiños"

X disse...

La virgen del pecado...dueña de un corazón tan cinco estrellas...
Había tempo que non a escoitaba, ummm

eamare disse...

Abaixo o monopolio dos segundos!
Habería que aprender a contar así o tempo: a base de miradas e amores indefinidos.