29.10.07

Meme culturetas

Recibo a encarga dun meme, e como hoxe tiven día monográfico sobre o continente africano, pois aí van ás miñas oito aportacións ao saber blogomíllico (se é que iso existe) sobre a África negra:


1. Sáhara significa auga. Cando falamos da áfrica Subsahariana, en realidade estamos a dicir: África afogada, África afundida. Está ben saber que se está a dicir con certos termos, non?

2. Nos reencontros interétnicos africanos rara vez se utiliza un idioma africano. Sempre son o francés, o inglés, o portugués... as linguas de comunicación. Estase a perder a riqueza cultural deste continente e gran parte da culpa (senón toda) é da época colonial.

3. William ury, un dos más afamados mediadores internacionais, aprendeu case todas as súas técnicas de mediación no xeito de resolver os conflictos internos dos bosquimanos. Ury ten o recoñecemento internacional, pero dos bosquimanos, que sabemos???

4. África está dividida en seis grandes rexións: Oeste, Centro, Magreb, Sur , Leste. Adiviñan cal é a sexta? A diáspora!

5. Na era precolonial, no continente africano si existían alianzas militares en cada etnia para defenderse de posibles agresións. O militarismo tal e como o coñecemos hoxe, e as grandes guerras, chegaron cos europeos.

6. Moitos dos nomes dos países africanos teñen significados "evocadores". Todos nos facemos unha idea do que pode significar Costa de Marfil. Pero por exemplo, Níxer, Nixeria ou Sudán significan "negro" en cadanseu idioma. Etiopía significa "cara torrada" ou "cara queimada".

7. Na Casa África no estado Español, sita nas Illas Canarias, non traballa nin un só negro. Pero segue a ser a Casa África.

8. Dúas sentencias do profesor J. Bolekia que me deixaron pensando:
"Os europeos son os únicos que len, porque non teñen fame"
"O que sería doroso é que dúas persoas, ambas vascas, utilizasen pra comunicarse o español. Isto é o que acontece en África"


Como soan estas cousas ditas por un guineano, non?


nota 1: agradecementos ao profesor Justo Bolkia, por toda esta información.
nota 2: paso a testemuña a O'Xirarei, Caufield e ao Paideleo. Sei que deberían ser oito, máis dubido da miña capacidade de convocatoria.

9 comentários:

Zerovacas disse...

Mola, ultimamente non se aprende demasiado lendo blogs. Gustame o tema. Eu teño que pensar esta noite a ver que oito cousas poño. Se escribo agora sairíanme pavadas tan só.
Ah, a peli de Amal, moi boa: http://www.drivingtozigzigland.com/synopsis.html

emereci disse...

que interesante información, si señora, agradécese que a comparta. ten boa pinta a experiencia bilbaína, alégrome.
bicos mil.

Anónimo disse...

Tiña entendido dende hai moito tempo que Sahara era "deserto", resultame bastante curioso que digas que é auga... Terei que redocumentarme...

Anónimo disse...

Encargo cumprido :)

paideleo disse...

Pois terei que pensar oito cousas para ampliar o saber " blogomíllico ".
Eu tamén tiña entendido que sahara quería dicir deserto.
Un pouco de paciendia.

oko disse...

eu tamén tiña oído algunha vez que significaba deserto. pero desta, un profesor de guinea Ecuatorial experto en etnias e linguas africanas explica que significa auga. eu considéroo fonte fiable. anque se volvo a ter oportunidade, preguntareino de novo
:)

Mario disse...

Que chulo!!! O de William Ury pode aplicarse a aquela historia de Picasso inspirándose nas máscaras africanas.
Dúas couas:
- Seica o Sahara foi un océano en tempos (polo Pleistoceno ou por aí), así que se lle seguen chamando "auga" é como para consultalo con Iker (Jiménez). Non se me ocurre explicación sociolingüística.
- O grave non é que na Casa África non traballe ningún negro, senón que non traballará seguramente ningún africano de raíz, sexa negro, mouro ou amazigh (cultura norteafricana tamén chamada berebere que atinxe das Canarias até a Cabilia e Mauritania e que está formada por brancos, se que é isto significa algo).

oko disse...

totalmente dacordo contigo, mario

Anónimo disse...

que bonito o significado auga, numca o imaxinaría, e muito moais evocador que deserto que seria obvio.
Esta ben que alguen nos recorde certas cousas pq nos estamos demasiado concentrados no noso ombligo.
Da gusto atoparse cum meme tan orixinal coma necesario.
parabens