cada mañá saio a esta rúa de pedra para ir a calquera lado. en menos de doce horas estarei do outro lado do norte, na beira do Atlántico. en algo máis de trinta e seis estarei noutra Pedra un pouco distinta, e aínda máis familiar. agárdanme unha manchea de sorrisos, unhas cantas apertas desas que deixan sen respiración e mais un concerto (do que agardo atopar entrada)
adoro esta cidade, pero... quen pode resistirse aos encantos do doce lar?
adoro esta cidade, pero... quen pode resistirse aos encantos do doce lar?
4 comentários:
Eu estou atrapada por estas pedras e a verdade é que non me imaxino encerrada noutro sitio. Benvida
Pois ao mellor até cruzamos miradas nalgún momento nese concerto, e nosoutras sen sabelo :)
Voltar sempre está ben,sobre todo se tes xente que agarda por ti.
Pasame o mesmo, cando levo un tempo lonxe da Compostela preciso regresar.
semilla q todo o blogomillo tivo na nasa
a min pasábame o mesmo, úrsula, ata que tiven que escoller camiño, e compostela non era posibilidade :S pero non me arrepinto, porque sempre a teño a agardar por min
rapaza do arco, seguro que nos miramos sen saber quen era quen. son cousas do anonimato :D
ak, todo o blogomillo se xunta para as mesmas cousas :D
Enviar um comentário