7.11.07

REmeme

Convídame o señor Urizen a participar no meme das 8 cousas. E sorpréndeme dobremente: primeiro porque sae do anonimato ou lurkeirismo e me comenta, e segundo porque hai tres posts xa eu falaba de memes culturetas.
Cavilando en que podería escribir, pensei en todas as reminiscencias do terruño ou dos galegos que atopei por acá dende que cheguei. Aí van oito



1. A primeira persoa coa que falei en Bilbao foi un conductor de autobús. Era de Vilalba

2. A primeira persoa da miña clase coa que falei é de Moaña. Somos as dúas únicas galegas da clase

3. A nai da miña profe de inglés na EOI é de Arzúa

4. Estes días andan as paredes de Bilbao a amosar publicidade dun concerto de Luar na Lubre

5. A ETB2 retransmite o Luar

6. E. ten unha sueira de Nunca Máis, de cando veu a limpar a costa de Camariñas

7. As veces que falo galego na casa me comprenden perfectamente: seica o italiano de calabria é moi semellante ao galego, por unha banda, e pola outra, un erasmus en Lisboa axuda moito a entendelo, tamén.

8. Nos postos de libros de segunda man é típico atopar libros sobre Gz. Ata mirei algún en galego, de poesía, sobre todo.

Para outro día deixo anécdotas como o día que coñecín un garda civil de Negreira, e outras historias

(imaxe: Bizkaibus na Habana, xullo de 2007)

3 comentários:

Urizen disse...

E por dúas veces, sorry por ser o allo dos blogs, ¡¡¡enganado polos feeds!!!. En fín, dagora en adiante menos lurkeirismo e máis "presenzismo", graciñas así e todo por eses 8 fotogramas de Bilbao captados por unha retina viaxeira, sorte.

Zerovacas disse...

Non sabía o dos autobuses biscaíños na Habana. ¿non flipaches coa conexión Habana-Bilbao contigo no medio?

oko disse...

no momento non o pensei. a miña vida está ateigada de casualidades duns meses para acá