16.11.07

cuestión de sorte?


ando estes días a pensar se o tema da sorte será contaxioso. dende aló por principios de ano, pero máis acentuado a partires de maio, a miña sorte foi medrando espectacularmente. non houbo nada gordo neste ano que fose malo (que ata ao de romper o pé lle saquei cousas boas).
pero se a boa sorte só me afectase a min, non tería tanta gracia, non?
nos últimos dous días teño novas de tres dos meus amores. as tres tiveron un golpe de sorte, de xeito que dúas atoparon traballo, e a unha terceira lle deron algo polo que levaba a agardar moito tempo.
sexa como for (prefiro pensar que isto pasa porque o merecen, porque levan moito tempo traballando arreo, e porque son tres soles), parabéns para as tres. e... mirámonos nos madriles!!!

3 comentários:

Zerovacas disse...

Cada vez creo menos na sorte, sobre todo nas cousas importantes. No fondo o bo e o malo que nos pasa depende de nós. Pode que non teñamos resultados inmediatos (bos ou malos), pero todo se acaba recompensando (ou pagando). Por exemplo, non creo que o de Cuba, ou o de Bilbo ou outras cousas que te pasen sexan por sorte

ak disse...

lembra sempre que a sorte nom aparece se nom se busca
bo consello que nom aplico tanto como deberia.

oko disse...

xa nin sei