21.11.07

IPUIN IBERIARRAK

“... batek burua bestearen gainean
atsedentzeko zuen era lasaia izan zen
erabakia eragin ziona."
(manuel rivas)

Esta tarde fun a mirar-escoitar contos ibéricos. E resultou que eses contos ibéricos de autores en cinco linguas da península (as oficiais) eran narrados en euskara. De primeiras encantoume, sobre todo porque era moi relaxante, e porque non entender nada (ou case nada) permitiume fixar a atención noutras cousas: os músicos en directo, a iluminación, o narrador e, sobre todo, as imaxes mudas que se proxectaban no fondo do escenario. Apenas estiven en tres dos contos, e non obstante o de Manuel Rivas identifiqueino non máis aparecer a primeira imaxe, sen oir palabra. E asustome a miña capacidade de observación: en canto apareceu un lenzo en branco e mais unha man agarrando un carboncillo, eu xa sabía que era o seu conto (anque despois outros elementos mo confirmaron: o que debuxaban as mans eran uns paxaros, e o conto remataba coa palabra maite -amor- debullada en código internacional)
por que sería? tan previsible é?
por outra parte, é a primeira vez que escoito un conto galego en euskera. e soa realmente ben!!!

2 comentários:

Murrucha disse...

A verdade é que debe soar bonito. Vexo que a túa retina está en forma e...¡cómo se nota esa admiración por Manolo Rivas!,sobre todo cando se está fóra da terra.al

Bicos

oko disse...

en formísima!!!
soprendinme a min mesma!!!