18.11.07

Heroes

Antes non tiña moi claro cal das personaxes de Heroes era a miña favorita. Dende o capítulo de hoxe, o 20 da primeira temporada, teño claro que é Peter Petrelli (cousa que non quita que o Haitiano me siga a parecer o máis mellor e máis guapo, claro)

(Abstéñanse comentarios que conten o que pasa no remate da temporada. Gracias)

8 comentários:

sweet loretta disse...

Eu non podo escoller,darling!
Peter é encantador, verdade?
Cando veñas en Navidades mándoche contigo de volta a Bilbao a segunda temporada....

A Conxurada disse...

foi exactamente o capítulo no que eu, coma ti, decidín que peter era o meu preferido, aínda que tamén lle teño especial cariño a Hiro.

Saúdos

ruben disse...

eu sempre estaba entre Peter e Hiro, e de feito mólanme aínda os dous, pero o meu preferido é Peter ("Save the cheerleader, save the world"). primeira tempada, pufffff, que anticuada, eu xa vou no oitavo capítulo da segunda, jejejejeje.

é o que ten a Internés. xa non me dá a paciencia e vounos baixando da burra subtitulados in spanish.

Urizen disse...

Eu hai cacho que me rendín no 11 da primeira...será que son rariño pero non me chista moito...algún día haberá que retomala.

oko disse...

loretta, fixen un pacto coas miñas compañeiras de piso de seguir a serie xuntas en etb, pero non sei se me poderei resistir a esa oferta tentadora...
conxurada, hiro mola, pero peter... é un amor!!!
rubén, eu non teño a culpa de que nunha soa cousa os vascos vaian por detrás de alguén!!! ajajjaja podería baixalos, pero...
urizen, cando volva a collela, non poderá deixala!!!

emereci disse...

Eu creo que é a erótica do poder. A min pasoume o mesmiño que a vostede...
Por certo, nuns días marcho á Habana. Terá algún consello rápido para unha visitante accidental/laboral?
Unha aperta

oko disse...

podería pasar horas escribindo sobre a habana, vaia risco corres preguntándome a min.
o primeiro que debera dicirche é que callejees moito, que te perdas por todas as rúas da Habana Vieja, preferentemente de día a menos que vaias cun cubano ou alguén que a coñeza moi ben. pero como non sei con canto tempo vas, hai cousas que non podes deixar de facer. quizais che sorprenda, pero unha das cousas máis fermosas da Habana é o seu camposanto, o cemiterio Colón. é unha marabilla. tampouco podes deixar de ir a levarlle un xornal español ou galego a don pedro, un migrante galego que leva mil anos vendendo auga na Tinaja, na praza de armas -se non me falla a memoria-. a visita á praza da Revolución é obrigada. no alto do museo a josé martí está a vista da cidade máis fermosa. no chan da torre, a 142 metros de altura, hai unha rosa dos ventos e marcadas as distancias con varias capitais do mundo. faiche sentir pequeniña, pequeniña.
se vas con tempo, quizais pilles algún concerto de frank delgado, é un home incrible. senón, no parque almendares sempre hai algunha cousiña que mirar.
non esquenzas ir ata a costa e adicar unha noite a mirar as estrelas. a contaminación lumínica é tan pouca que parece que pintaron o ceo.
non che direi que vaias a sitios máis típicos como o capitolio ou a bodeguita del medio. xulga ti mesma se queres ir. hai sitios menos típicos, anque ás veces igual de turísticos, que merecen a pena.
pásate polo callejón de hamel. se non podes ir un domingo á mañá, a ver rumba afrocubana -serás incapaz de ter os pés quedos-, vai calquera día, a ver cómo están pintadas as paredes. é un sitio máxico.
pola noite pasea polo malecón. despois de cansarte de oir "española guapa" atoparás historias incribles. os cubanos son xente moi curiosa.
se tes tempo suficiente, sal da habana, e descubrirás que as aforas son igual de incribles. en poucas horas de viaxe podes chegar a algunha provincia próxima, e verás que é todo un paraíso. se tes moito tempo, vai ata santiago -a miña grande pena foi non poder ir alí-.
e así, en frío, sei que me quedan cincomil sitios atrás
se queres mercar libros, na praza de armas hai unha librería na que podes mercar en pesos cubanos. e se queres saír nun local popero-cubano, busca o fresaychocolate. é bastante particular.
só dúas cousas máis. a primeira é que o pases moi moi ben, que saques moitas fotos, e que disfrutes da cidade máis bonita que coñezo. a segunda, que se podes me traias un billete de tres pesos cubanos. cando o mires xa te decatarás de por que.
e pouco máis. se o soubese con máis tempo mandaríache un par de encargas para levar a dous amigos que deixei aló. vou ter que levarllas en persoa :D
un millón de bicos para a habana. agardo que esta guía improvisada sirva de algo!!!

emereci disse...

claro que servirá, mil gracias! sinto non ter pedido a información con máis tempo, pero é que eu mesma non sabía. cousas que pasan nesta vida de tolos que vivimos. de tódolos xeitos, e aínda que non che quero roubar un motivo para volver a esa cidade que tanto queres, creo que hei volver alomenos outra vez nos vindeiros meses, así que podes ir preparando as encargas con tempo, que has ter que chas leve.
bicos mil