23.10.07

txoria txori

M. descúbreme esta canción. E fico sen palabras. Non é... perfecta?

Hegoak ebaki banizkio
nerea izango zen,
ez zuen aldegingo.
Bainan, honela
ez zen gehiago txoria izango
eta nik...
txoria nuen maite

(dun poema de Joxan Artze, musicado por Mikel Laboa; moitos a coñeceredes por La pelota vasca)

(tradución: se lle cortase as ás sería meu, non tería escapado. Mais así deixaría de ser paxaro, e eu... o que amaba era o paxaro)



5 comentários:

Raposo disse...

Fermoso, moi fermoso.

Zerovacas disse...

Os paxaros regresan, ás veces. Outras veces non. Supoño que esa é a vida

paideleo disse...

Non o coñecía e hai que recoñecer que é real, precioso e a máis atinada explicación do que é o amor.

oko disse...

e non só o amor, claro. tamén explica moi ben a situación política do país. mais alén da interpretación que cada un lle dea, é fermosísima

Úrsula disse...

Que bonita a letra. Eu gosto muito de Mikel Laboa