10.8.06

que fácil era todo cando nena. cando parecía que as cousas nunca habían cambiar. cando non había problemas que fixeran berrar e dicirse cousas terribles.
agora só quero marchar -aínda sabendo que é de covardes-, marchar tan lonxe que se borren as pegadas do camiño, e ninguén poida atoparme máis. ser unha voz ao teléfono, si, ola, estou ben, eu tamén vos boto de menos... ás veces. fuxir deste sitio onde, despois de tanto tempo, aínda non atopei o meu sitio, encaixar no meu oco de peza de puzzle.
quixera estes días volver ser nena. e non ser como son, ser outra persoa. ser outras persoas. e desfacerme desta coiraza e desta maldita memoria que me fai lembrar as cousas máis inauditas. poder abrirme e deixar as entrañas enriba dunha mesa para que un adiviño calquera viñese a lermas. facer un diagnóstico.
e poder, por fin, deixar de pensar que maldito o día que comecei (comezamos) a facerme maior

7 comentários:

Laurindinha disse...

Lin o teu post de abaixo e vin que poñías que ardeu en Marín... en que zon ardeu? En Castiñeiras? Por aquí por Bueu aínda nos salvamos... parece a primeira vista moi estraño pero decateime de que non o é tanto... ós pirómanos de Bueu creo que non lles interesa que nesta zona arda...
Un saúdo!

Caufield disse...

si maldito momento ;)
pero vostede nunca será maior de todo, OkO, non de espíritu, crecerá moito pero a nena OkO sempre estará aí, para collela da man e levala a pasear cando se agobie coas presas, as rutinas e demais
sentarase con vostede nas escaleiras da Quintana e diralle que hai que rirse de todo
xa sabe :D

satine disse...

é inebitable este cúmulo de experiencias que nos levan a medrar, hai que intentar disfrutalas e non chorar polo perdido.

oko disse...

ardeu un pouco, laurindinha. pero debe de ser un dos poucos sitios ao que aínda non lle atacaron.
caufield, teño ganas de sentarme na quintana con vostede, e insultar á lúa...
satine, hai días que non quero medrar máis

Anónimo disse...

Excellent, love it!
Pressure washer belt drive digital photo printing alarm system response 3 galerias de voyeurs mi-t-m pressure washers Topamax snorted Mail order vitamin supplements 4 cup eurostyle commercial automatic drip coffee maker power specs maytag washers ratings for washers

Anónimo disse...

Where did you find it? Interesting read » »

Anónimo disse...

You have an outstanding good and well structured site. I enjoyed browsing through it »