16.8.06

xa non lembraba como é o ruído da chuvia contra o cristal. sei que despois do lume, que chova non é o mellor, pero non podo menos que aledarme. ogallá isto pasara hai uns días, e aforraríamos moito monte. malditos incendiarios

5 comentários:

Marinha de Allegue disse...

A choiva foi chegando paseniño paseniño, sen querer mancala terra que tan dolorida está moito a botaba de menos...

Unha aperta grande.
:)

IaRRoVaWo disse...

A verdade é que se esperaba con necesidade.

moucho branco disse...

Neste país até a choiva é inoportuna. :(
Que lle imos facer...

Un saúdo.

oko disse...

paradoxicamente, os tres teñen razón... :)

Jan disse...

Pois é verdade xa podía ter acontecido antes a choiva. Mais todo isto arránxase no inverno cunha boa política forestal, e no coa auga de agora...mágoa!