13.8.06

resumindo...

nin dicir que o Cabaret D'aquí estivo incrible, aínda que o público non soubo aprecialo. e despois trasladeime de sitio e fun a un concerto onde todas as pijas de pontevedra gritaban orgásmicas cada vez que os suxeitos do escenario lles dicían: sois unos superyonkis!!! foi un espectáculo penoso, podo aseguralo. pero estou contenta porque estiven con A. e coa xente que, agás dúas persoas, debera ser a de sempre pero resulta que é a de antes, pero xa ven de lonxe e xa case nin me dá pena.
de hox, só podo dicir que estou cansa e que o calzado me fixo dano nun talón. que a visita foi o mellor do día. que non puiden estar co gabinete de crise, pero aínda así, foi un día estupendo. que teño ganas de velas.
e que odio a xente que non ten ningún respeito polo traballo dos demais e polos sitios públicos (vai pola foto)

1 comentário:

modgirl_gz disse...

aínda que non che comente nada...sigo lendo o que escribes!
E vexo que tu visitas o meu flog!Graciñas...cando volte a Compostela espero que sigas sendo a mesma Lara de "vou a aula de informatica, vale?" e que o teu cuíño ségase movendo tan xeitoso con cada paso que das!!
un chuchiño!!