16.8.06

non podía ser doutro xeito. hox era o último día en Marín, e nesta última semana aínda non pasara nada malo. así que hox, a última hora da tarde, un operario do porto foi ingresado no hospital despois de ter un accidente coa draga coa que traballaba. unha perna. ademais do morto en accidente de moto de Santomé. despídome con estas novas, que ben. quizais esta fora a primeira e última vez que fago local en Marín. quizais non, é seguro.
e despedinme da competencia, especialmente de A., que marcha un ano a Barcelona, e do Concello, e de todo un pouco. estar aquí é tan distinto a cubrir a información de aquí... creo que o vou botar moito de menos este inverno....

4 comentários:

mourullo disse...

O mellor é xuntar o principio "non podía ser doutro xeito" e o final "estar aquí é tan distinto a cubrir a información de aquí... creo que o vou botar moito de menos este inverno...."

X disse...

Estou con Mourullo na visión positiva. Ánimo na volta. Un saúdo.

IaRRoVaWo disse...

Recorda, non che hai terra coma ela :P.

Marinha de Allegue disse...

A visión positiva ante todo e sempre.

Unha aperta.
:)