Dicíalle a alguén que hoxe é un día máis ben gris, nin bo nin malo. Estou estrañamente serena, e tranquila. Pero profundamente triste. Din que todo axuda a facerse maior. Fuches ti quen preguntou. E eu, covardemente, limiteime a respostar. Que te quero moito, xa o sabes. Que te quixen e te odiei a partes iguais.
E só espero que agora ti non me odies.
(modificada o 26 de xaneiro de 2007)
E só espero que agora ti non me odies.
(modificada o 26 de xaneiro de 2007)
6 comentários:
un fermoso agasallo...
...en tódolos eidos.
Guapa!
A foto é un bo agasallo: fixando a vista, pensativa, quizais algo tristeira. Os raposos gústannos fotos asi.
Saes guapa na foto... era inevitable.
Ainda que mellor en persoa, moito mellor.
As cousas, cando hai que dicilas, é mellor facelo.
Calar pode ser peor co tempo
tiñas que deixar a foto e ánimos (creo)
Enviar um comentário