30.4.08

Alegato pro-poder

Os antecedentes din que moitos alumnos que pasaron polas mesmas mesas nas que eu asisto a clase agora teñen cargos de certa importancia. Que probablemente dentro duns anos serán peixes gordos.
Por iso sentín arrepíos cando, no medio da explicación, o profesor fixo un inciso pra desexar que ogallá algún día nós fosemos tamén altos cargos, deses que xantan unhas cantas veces ao ano co Ban Ki-Moon de turno ou cos presidentes e primeiros ministros máis variados. En cinco segundos fixo un alegato do poder xerárquico que estructura o mundo actual de xeito suavizado.

Non falou de que acadasemos as nosas aspiracións vitais, nin que conseguisemos pequenas melloras a pequena ou mediana escala no micromundo que nos rodea. Non. Desexou que fosemos deses grises señores de gravata (grises señoras de zapatos de tacón) cunha mesa chea de papeis nun despacho enorme, moi luminoso nalgunha capital do norte, con mil chamadas ao día, con mil compromisos á semana.

E o máis arrepiante de todo, que boa parte da clase asentía cun medio sorriso.
Comezo a crer que non se pode pensar en cambiar o sistema dende dentro tal como vai o mundo

8 comentários:

paideleo disse...

Cando miro os obxectivos que ten marcados muita xente sinto que son un inadaptado. O que teño claro é que non tiven nin terei un éxito de poder. Pero tampouco me quita o sono.

oko disse...

así é como me sentín eu na clase, paideleo, coma unha inadaptada

xorna disse...

Pois a min non me molaría comer con Ban Ki-Moon. Unha vez comín con Quin no Araganey e faise moi incómodo ese rollo postureo. No postre había unha lámina de chocolate que non había xeito de rompela e eu toda nerviosa pensando que me ía saltar disparada e que lle ía caer de pleno na camisa de Quin... Hehe! Molan máis as comidas na casa, nas que podes coller as cousas coas mans...

Anónimo disse...

I found this site using [url=http://google.com]google.com[/url] And i want to thank you for your work. You have done really very good site. Great work, great site! Thank you!

Sorry for offtopic

Anónimo disse...

Who knows where to download XRumer 5.0 Palladium?
Help, please. All recommend this program to effectively advertise on the Internet, this is the best program!

Anónimo disse...

[url=http://conservativethoughts.us/joomla/news_nova.php]Low Price Cialis[/url]

Anónimo disse...

calibrachoa mini famous marc by marc jacobs mini quinn satchel 1963 f85 oldsmobile own water powered car paint car acrylic

Anónimo disse...

53006.....39963