12.4.08

zagardotegia


podo dicir con seguridade que nunca probei unha carne tan tan tan boa, nin antes me gustara a sidra. que ía moito tempo que non o pasaba tan ben, que non bailaba tanto. aprendín a dicir zazpira (iso, iso, ponme do barril sete) e oso ondo con cara de: guau. descubrín que comer de pé tamén é un pracer. aínda que remate a temporada, volverei a unha zagardotegia, e a de astigarraga ten todas as papeletas de gañar. que fantástico é o país dos vascos!!!

(e ademais, ración dobre de txalaparta en illa peixe, e festa da percusión ao aire libre. que máis se pode pedir a unha fin de semana cargada de traballo académico?)

2 comentários:

Joseba M. disse...

Txotx!!
Alegrame moito leer esto que falas dos vascos (perdona o meu galego, hasta aqui chego, non mais, e o que colli xogando cartas con teus paisás que son legion en Barakaldo))
Seguro que estuviste en la Petrirena Sagardotegia que para mi e a millor.
Salud, oko!

oko disse...

e logo como querías que falase dos vascos???
sodes xente fantástica!!!
Estiven en Lizeaga, e encantoume!!!
Un pracer a túa visita, volve cando queiras!