26.4.10

25 de abril musical

todo pasa por mirarte, de súpeto, no medio da sala vip dun dos festivais máis grandes de américa latina, e que esteas falando en galego. o galego é universal en canto que os seus falantes o son. tan absurdo como atopar alguén de caldas. tan absurdo como que todo o importante sexa iso, e non a inmensa cantidade de modernos que che arrodean, e que forman parte de bandas polas que a xente paga para oir. é maravilloso desenvolver esa capacidade de relativizalo todo
despois chega a noite e pérdeste no medio dunha marea de xente e non tes como comunicarte e todo semella tan complicado que una hora despois estás comendo tacos no centro e xa o esqueciches
foi fin de semana de brincar, de sentir o rebumbio da música por baixo dos pés. de descubrir que hai máis, hai máis lonxe dos bestsellers musicais. de facer trampas para entrar nalgúns sitios. de rodearse, que dicía un amigo, da xente que fai sentir ben. de falar galego e de evadirse. un pouco
van vinteseis días de abril. este marabilloso abril que tantas cousas trouxo

2 comentários:

rui disse...

Abril trouxo aquí uns cantos bos días de praia, xa parece que chegou o verán, mesmo a auga está case boa, por Rodeira, por Areamilla... area, auga salgada, liña de bateas e as cíes ao fondo.

Biquiños

oko disse...

saudades, logo. ganas de ir mirar como está o mar por alá
bicos pra ti tamén!