as jacarandas inundan o ceo gris. os esquíos pasean por entre a xente coma se non fose xente. os rapaces xogan á pelota. chegou abril e eu sigo aquí. nada cambiou o suficiente, mais xa amo a cidade
De sempre por tras destes ollos grandes, un algo saltóns e tristeiros.
Que lindo sería poder contar a vida polas olladas que se cruzaron algunha vez polo meu camiño!
Os ollos coma obsesión de sempre, debuxos nas marxes de libros e cadernos. Nas servilletas dos bares. Inaugurar un diario de a bordo para describir o que miran e len os meus ollos.
Mirar como a marca xeográfica do iris. Buscar lentes pra unhas retinas un algo doridas, ás que aínda lles queda moito por aprender...
Sem comentários:
Enviar um comentário