urxe sobrevivir e merezo un mozo poeta. isto è das ùltimas cousas que alguèn que me quere ben deixou no taboleiro do meu fb. un mozo poeta. serà iso unha sorte ou un castigo por toda a maldade acumulada que teño na cabeza?
din que a primavera è o màis fermoso no df. non vai frìo e non chove. na primavera as jacarandas sacan da gaveta as sùas flores. sentada nun banco dun parque coñezo a unha muller bilbaìna que xa debeu pasar dos sesenta hai moito. porque xa antes, dìas antes, coñecera à nena dos once nomes que contou letras todo o tempo que tardei en comer. claro que gañaba ela, os seus once nomes xuntaban sesenta e pico letras. eu non puiden pasar das catro
florecen as jacarandas e a alerta das alerxias se dispara. o rapaz da teterìa està cada dìa màis guapo, tan sorrinte. mañà comezo o ùltimo libro en galego que reservo no almacèn (que chegou dende a coruña, dando un rodeo por marìn, cangas e compostela antes de chegar às miñas mans). ando a namorar de poetas do quebec e planeo un proxecto que, a pesar das distancias, ha de agromar en compostela nun par de meses
chega a primavera como preludio de algo màis grande, que està a chegar. mais non acerto a adiviñar que pode ser
(e os marabillosos massive attack ao vivo...)din que a primavera è o màis fermoso no df. non vai frìo e non chove. na primavera as jacarandas sacan da gaveta as sùas flores. sentada nun banco dun parque coñezo a unha muller bilbaìna que xa debeu pasar dos sesenta hai moito. porque xa antes, dìas antes, coñecera à nena dos once nomes que contou letras todo o tempo que tardei en comer. claro que gañaba ela, os seus once nomes xuntaban sesenta e pico letras. eu non puiden pasar das catro