30.9.05

Ejem!


Dáme igual o que poidades dicir. Eu estou namorada dos meus zapatos novos. Aínda que teñan lacito!!!
E penso levalos á facultá!!! (Voulle facer a competencia ás pijas de 2º)

29.9.05

Non sei por que, ano tras ano, me sigue a gustar. E é que nunca cambia, pero creo que o mellor do pueblo é, con diferencia, a Danza de Espadas. Agardando todo o ano a que chegue o día de San Miguel para ver estoupar eses monecos que nunca sei como se chaman. Cando meu pai era neno eran sempre guardiaciviles; agora estoupan pastores, costureiras ou afiadores, pero nunca monecos con tricornio. Hai que ver como se perden os bos costumes.
E para facer fronte ao tedio do festivo local, pois sesión de bingo primeiro, e despois ao cinema, todo con mamá e Iria, que é que nunca deixan de sorprenderme. E hai que ver o ben que nos sentou un día de descanso... E é que xa non queda nada pra comezar!!! Apenas un par de días!!! Canta saudade...

27.9.05

porquiños...


A miña irmá tróuxome de Lisboa este porquiño sueco (ou chinés, segundo se mire). Dada a velocidade á que ía engordando (pola á súa situación estratéxica a carón do televisor), mercou outro pra ela (culo veo, culo quiero). E agora vai chegando o día da matanza, e o certo é que é unha mágoa ter que abrilo, co riquiño que é, que hai que ver o cariño que se lle colle aos bichos...
Pero o que leva dentro, mmmmmm, non o sabe nin el!!!

25.9.05


Cansa, tras unha mini-noite de troula marinense, que cada ves o San Migheleiro é máis decadente. Despois dunha conversa telefónica que se fixo derrogar, e recén lido certo comentario (puntualización: eu non lle concedín títulos ou nomeamentos a ninguén, limiteime a reproducir o que outros dixeron). Leda, ao saber que terei a alguén máis ao meu lado este ano, con quen viaxar a visitar á nosa gaivota favorita...

Pois agarda un domingo máis ben pouco productivo, traballando en certo asuntiño por encarga...
Que ganas de volver a Compostela para estar cos meus meniños!!!!!!!

23.9.05

Xa 20, miña nena...

Os romanos aínda non saben o que teñen a transitar polas súas rúas. Seino, eles saen beneficiados da nosa perda eventual. Nena, aquí ímoste botar moito de menos...

22.9.05

Dous días en Fene pra despedirse. E ao final, coller un bus apuradas con apenas tempo a un par de bicos mentres o conductor sinalaba o reló de pulseira.
Dous días ben prolíficos, en canto a risas e a fotografías, que calquera diría do meu suspenso en febreiro! Mais, por non ter álbume deses que tanto se estilan nos blogs, limitareime a amosar unha foto escollida entre as moitas que saquei, e que agardo arrinque un sorriso a certo betanceiro que anda un algo tristeiro ultimamente.
E para as miñas compañeiras de viaxe, un bico e nada máis...

Ah, que me esquencía... estes dous días tamén me valeron para enterarme dalgunhas... cousiñas que non sabía...
En fin, cambiando de tema... moito odio pra tod@s!!!!!!!!!

19.9.05

OFICIO A UN MELRO

Eu comunícolle a vostede, Señor Melro,
que anda a cantar tan ben no silveiral:
a súa canción, souril e vella,
pon unha arela de luz no meu sentir.
É como si en min nacera algún milagre
ou unha roseira inefable me apampara
deixándome estantío.
É coma si unha voz de anxo, tan acesa,
puxera no corazón tal señardade.
Pero eu comunícolle a vostede, Señor Melro,
que non lle diga a ninguén o seu cantar.
Vostede non ten licencia da Academia
e non se pode cantar sin máis nin máis.

Manuel María, Documentos Personales

Isto é un agasallo para todos quen hoxe celebren algo.
Gracias, Caufield, por atoparme estes versos.

18.9.05

Comezo

Hoxe ando de estrea. Supoño que ata este novo espacio ocular atraerei a todos os meus vellos lectores, fieis como bos amigos que son ou pretenden aparentar ser.
Seino. Sei que ía mudarme con todo o blog xa amoblado. Mais trátase de min, e non podo esquencer as miñas ansias por facelo todo xa.
Así que dou por bautizado este "Dor na Retina", que agardo manteña un algo de distancias co seu predecesor, aínda que soio sexa nas formas. E máis nada. Agardo que, en alomenos catro meses, consiga superar as case tres mil visitas que tiven no espacio de msn. E máis nada.
Benvid@s tod@s ao meu novo implante retiniano!!!