29.9.05

Non sei por que, ano tras ano, me sigue a gustar. E é que nunca cambia, pero creo que o mellor do pueblo é, con diferencia, a Danza de Espadas. Agardando todo o ano a que chegue o día de San Miguel para ver estoupar eses monecos que nunca sei como se chaman. Cando meu pai era neno eran sempre guardiaciviles; agora estoupan pastores, costureiras ou afiadores, pero nunca monecos con tricornio. Hai que ver como se perden os bos costumes.
E para facer fronte ao tedio do festivo local, pois sesión de bingo primeiro, e despois ao cinema, todo con mamá e Iria, que é que nunca deixan de sorprenderme. E hai que ver o ben que nos sentou un día de descanso... E é que xa non queda nada pra comezar!!! Apenas un par de días!!! Canta saudade...

3 comentários:

Anónimo disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blogue.
Caufield disse...

Hei!!!Your blog is very good jajajaja me tienes abandonadaaaa buaaaaaaa, xente de marin....a marcon non ves?¿?¿'¡bua bua buaaaaa ganas de volver!!!

oko disse...

pois claro que vou a marcón!!!
e non, non omo moito!!! -abstéñanse comentarios ou risas obscenas-
e non te teño abandonada!!! simplemente me cambias por outros... morracenses...
en fin... no digo más!