30.1.06

Primeiro exame fóra

e primeiro aprobado, espero. fácil non. facilísimo. agora libro para teoría do xornalismo e estudar para xestión,ademais do trabaliño de medio rural.
que por que non paro de enumerar o que vou a facer como unha nena pesada? por dous motivos: lémbrame a miña infancia (era así todos os días do ano) amais de que agora mesmo a miña vida consiste nunha lista interminable de cousas que facer

...

por certo. un apunte. o ceo do obradoiro cando neva é o máis lindo do mundo. prometido.

26.1.06


Marabilloso día. Admiro a valentía de Aultre Narai por vir a enfrontarse a tres proxectos de tolemia.
E alí estaba ela, sempre ela. Tan linda

Non defrudou, coido que vou a manter o apelativo "interesante"
Máis nada. Reclámanme

...

24.1.06


SALÓ, ou a terrible degradación humana
degradación ate os límites


o medo
Dopada, cansa, sen ganas de estudiar, e coa única alegría de saber que mañá imos estar cunha persoa certamente interesante. O último traballo para este cuadrimestre estame a poñer un pouco nerviosa. O medio rural neste país non é un tema sinxelo para unha política de comunicación. Agardemos que o señor profesor, ao que onte vimos polo Obradoiro xunto co omnipresente historiador, sexa benevolente

...

21.1.06

Tiña pensado poñer un fragmento, e o comentario que deixou Emereci convenceume de colgalo. Isto é parte da miña análise do libro:
"Unha lectura da obra de Kapuscinski produce admiración e medo á vez, sobre todo para un aspirante a xornalista. Admiración por un motivo moi simple: porque a súa representa o modelo de vida de xornalista-reporteiro que todos algunha vez qixemos –ou seguimos querendo- ser. A idea que se ten deste oficio: unha vida chea de incertezas, de non saber que pasará mañá, nun mundo que non é o teu, noutros país, noutra realidade. Non obstante aparece o medo. E aparece o medo ao ler estas palabras –vellez, cansanzo, lembranza dunha nai, sempre o medo-. Porque a vida de Kapuscinski, as súas obras, son unha crónica, en segundo plano, das dificultades de quen fai xornalismo máis sacrificado, máis real. Medo a viaxar só por un país descoñecido, a malvivir as máis das veces, a non saber se seguirás vivo ao día seguinte. E tamén o egoísmo de querer prosperar economicamente, de acomodarse nos laureles do éxito, como lle ten pasado a tantos (...)"

19.1.06

Un traballo menos. Agora, a reflexionar sobre certo libro e plasmalo no papel. Tarea fácil, sobre todo se o comparamos co que entregamos hoxe.
(Resumo de onte: cinco horas e media na habitación de Liariña xunto con Xornalistiña, Caufield e o ordenador. Orgullo de traballo)

17.1.06

aburre ata ás ovellas...


Recén saída dunha das clases máis aburridas da historia, como non, por non faltar á costume. Despois, outra profesora maja que nos bota unha man para un traballo que non vai corrixir o prfesor de verdade, senón o imposto a última hora.
Reseñable, nada máis. Estrés e partidas de xadrez (perdín dúas veces contra toda unha campiona moral no tema mais é que estou empezando; pero coidado comigo, que tiven un bo mestre); maldito traballo de Xestión da Empresa Informativa (que quitan as ganas de montar un negocio). En fin, que se presenta unha semana movidiña. E inda por riba, o aburridor de ovellas aínda ven con esixencias!!! Ai que ver canto egocentrismo hai no mundo!!!

14.1.06

Macedonia




+
+
en que lado debera estar eu?
por moito que se intente, non se aveciñan tempos de paz...

12.1.06

Nota para o profesor

Non é certo que o bando "nacional" non matara a ningún cura, e que o bando republicano matara 7.000. Non é certo que Franco permitira todo tipo de cancións e de letras. Non é certo que o mellor cine faise baixo a censura -o xenio é xenio sempre-. Non é certo que o nacionalismo neste país non tivera ningunha incidencia nesa época histórica.

O que si é certo é que hai que aprender a valorar o traballo dos demais, sobre todo cando está ben feito. E mais nada

...

9.1.06


Ata as narices. Está claro que nos traballos en grupo sempre pringan os mesmos. Ademais, aínda triste por quen non se lembrou de min -quizais de nós- en todo o Nadal e cansa polas malas caras ás que me tiven que enfrontar no primeiro día tralas vacacións. Como diría unha amiga: QNOF. Canto veneno hai nesta facultá!!!
{Menos mal que aínda quedan moitas cousas polas que mereceu a pena voltar}

7.1.06


Non só son unha retina dorida. Ademais, estou cansa. O oculista mandoume por lentes. A que son lindas? Hai quen di que as gafas de pasta negra son de friki. Vostedes que opinan?

6.1.06


A rapaza que cantaba fados tiña uns zapatos preciosos. A súa voz grave graduaba o movemento dos meus ollos. Lisboa de noite é coma calquer outra cidade, con xente extravagante e rúas abandonadas de edificios de azulexos.
A auga de Lisboa ten unha cor clara. Alí onde morre o río e xa non é río, senón mar, alí podes mirarte reflectido. En Belem hai unha lugar que abre a calquera lugar do mundo solo con querelo. Eu, estiven en Oceanía soio por poder mirarte. E voltín tamén á casa e chovía moito. Que ben se estaba no sur.
Se abres ben os ollos, poderás lembrar Lisboa anque non estiveras nela. Dentro de pouco, corazón, chorarei ao lembrarte. Polo seu mar marcharon os meus soños
...