27.10.10

de volta. alomenos por hox

(dous meses. xa pasaron dous meses e creo que nunca ficara tanto tempo calada por aquí)

[http://www.youtube.com/watch?feature=player_profilepage&v=vV5VJI6gnOI]
o maldito youtube non me deixa insertar o video

camiñaba polo metro e atopeino. a el, ao rapaz das imaxes. unha policía sacábao do andén. esta cidade é tan pequena que as posibilidades de atopar a todo o mundo son infinitamente grandes

despois, dous días despois, fun ver unha obra de teatro no cárcere e pensei que por cousas como estas valía a pena estar aquí. por ver como rapaces de entre dazaseis e vinteún anos, a meirande parte cumprindo penas por homicidio, representaban un motín nun barco antes do descubrimento de américa. como moitos deles levaban no brazo ou nas costas a marca do cárcere, a marca indeleble las tres liñas

asistía, por enésima vez, a unha realidade tan afastada de min. coma unha sorte de submundo que doutro xeito nunca tería posibilidade de tocar sequer

o mesmo acontece co escenario, comezo a pensar. nunca antes pensara en subir a un. e aquí estou, co meu narís vermello, tan pequeño que ás veces ate semella que o pinto. a máscara máis pequena do mundo, di o mestre, que é o mellor dos mestres posibles. subida a un escenario con todo o descaro do mundo, que dicían que é o mellor xeito de ser e estar

cuase en derribo a casa esta, non sei se pedir desculpas a un alguén invisible que está do outro lado, ou asumir a derrota con toda a dignidade posible. xa van cinco anos e sinto que todo isto xa non ten sentido. se hai alguén, aínda, por aí atrás... que pensa?