20.7.11

chuva


deixo a rulfo, que siga o seu camiño. rulfo que xa non me vai acompañar máis

deixo as secas serras de jalisco e paseo polo doce ar que anega o cantábrico. só polo pracer de preguntarme por que non volvo vivir . podería inventar unha historia para cada gran de area que asenta as praias da súa costa

despois, que teño tantas cousas na cabeza, déixoa que marche un rato, ela soa, que tamén eu preciso descansar

no cuarto húmido, este, hai un ruído xordo, como de vella máquina de facer cinema

ou será a caixa de música do meu peito

ou as saudades daquela beira do mar