- esta incapacidade de dicir o que teño que dicir. esta capacidade de dicir o que non debera dicir
- o estado natural do ser humano é o sol
- existe unha cultura feminina? ou máis aínda, por que as mulleres non conseguimos equipararnos aos homes na producción cultural?
- pintar na area
- máis de tres mil anos domesticando o chile
- o estado natural da miña pel é o branco
- vivir fóra do mundo significa non enterarse de que un tsunami soterrou a miles de persoas. vivir fóra do mundo significa que o máis importante para un sexa o nacemento dun neno
- esta incapacidade de sentir o que hai que sentir. o medo a non sentir ou a sentir de máis
- a poesía non é un oficio, claro. é un estado da alma. que llo pregunten a todos os poetas -poetas de veras- dos últimos dous mil anos
- teño sono e non quero ir durmir
- mañá marcha mamá
12.3.11
caribe
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
4 comentários:
Se podes algún día, le "Como chegar a ser poeta" de Dylan Thomas
(a propósito do punto 9)
lereino. prometido
non te enganes.a poesía é un oficio en toda regra. pero, para ilustralo mellor, debería engadir que un oficio nunca significa o mesmo que un traballo. velaí a diferencia. que a inspiración te pille currando, e tal, que dicía aquel.
mua
Enviar um comentário